Recensión: Timo Parvela, Tiera o Salvaxe. Os gardiáns do sampo #2


Título: Tiera o Salvaxe

Título orixinal: Tiera Autor: Timo Parvela

Tradutor: Tuula e Tomas Ahola

Saga: Os gardiáns do Sampo (Sammon vartijat) #2 Editorial: Urco Editora ISBN: 9788416121885 Nº de páxinas: 295 páxs

Sinopse:

Como puido saír todo tan mal? Cando pensaban que ían conseguir aquel anaco do Sampo oculto na cova da vida, todo acabou por torcerse. Quen ía pensar que Ahti os ía traizoar para camiñar da man de Loviatar, a ama da morte até o submundo de Manala? Nesta nova aventura, o estraño grupo formado por Saana, Ilmari, Aino, Anni, Jokkeri e o director da escola, sae na procura do derradeiro anaco do Sampo, mentres o mundo enteiro se cambalea entre feitos catastróficos. O que non sabe a xente é que todas esas secas, furacáns e tremores de terra están intimamente relaciona- dos co tenebroso reino de Pohja e a súa terríbel ama Louhi, que ansía xuntar todos os fragmentos do Sampo para recuperar o seu poder perdido hai eóns. Mais en todas as aventuras, por escuras que sexan, existen raios de esperanza e aliados inesperados que nos fan pensar que quizais non todo está perdido.

Un tempo despois da publicación da primeira entrega, Urco publica a segunda parte da triloxía dos gardiáns do Sampo de Timo Parvela, unha saga finesa de fantasía xuvenil que resulta moi interesante polo traballo co folclore do país nórdico mediante un dos seus grandes legados literarios, o Kalevala (traducido tamén ó galego polos mesmos tradutores desta saga e publicado en Rinoceronte).

Sen dúbida, esta segunda parte está moito mellor construída que a primeira. Nesta historia os personaxes evolucionan moitísimo, o grupo descubre a influencia que ten sobre o seu entorno e temos tamén acción e moitas sorpresas. O cambio de ritmo é tamén notorio, xa que no primeiro volume a presentación do entorno e dos personaxes limita tanto a acción que neste título precisábase un cambio radical. Por último, tamén introduce elementos humorísticos e referencias moito máis traballadas e precisas a cuestións medioambientais.

O papel de Tiera non se limita a ser un personaxe básico e episódico na historia. Coido que quizá é demasiado darlle tanta importancia como para protagonizar o título desta segunda parte, mais o certo é que polo menos cumpre co seu cometido. É unha das máis sorprendentes novidades na historia, mais a evolución de personaxes como Ilmari o Anni quizá sexa o salto cualitativo máis importante.

En resumo, neste segundo volume a historia ten toda a forza que faltaba no primeiro volume polo que xa se disipan os piares do éxito desta saga no seu país de orixe. Agardemos que isto non sexa algo pasaxeiro e gocemos dun bo peche de triloxía.

#Recensión

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

enumerar motivos para debuxar unha balea

 

para crer nun espírito navegante que non temos

para delimitar o medo

para valernos dela na fuxida

para botar de menos unha viaxe

unha en concreto

para debuxar un bazar e disfrazala de elefante

porque teñen a forma das distancias

porque dentro dunha balea o ceo está limpo e non hai dor

para pintala sorrindo e poñerlle flores ou peixiños pequenos

para facer unha metáfora de todas as traxectorias

para que sexa a proa na reconquista da paisaxe

para representar o tamaño da tristeza

para pensar nas palabras coas que explicar o debuxo.

Eduardo Estévez, de baleas 

(Caldeirón, 2017)  

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com