I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Recensión: Celia Parra, Pantallas

March 12, 2019

 

Título: Pantallas
Autora: Celia Parra
Editorial: Galaxia

Colección: Dombate
ISBN: 9788491511946
Nº de páxinas: 100 páxs

Sinopse:

 

Neste novo poemario, a autora accede ao dicir poético dende a realidade cotiá das pantallas, os códigos binarios, a virtualidade e as memorias sempre difusas, inmediatas e volátiles, dos trebellos electrónicos que nos circundan e fan ser a clase de almas que agora somos. Unha voz poderosa en clave de bit poético.

Celia Parra propón con Pantallas unha visión poética dunha realidade "virtual", na que da conta da volatilidade da palabra en todas as súas variantes a través da relación dos seres humanos coa prolongación moderna do seu propio corpo, os aparatos electrónicos e smartphones.

 

Coñecía previamente o traballo desta autora mediante os seus videopoemas, aproveito para recomendar concretamente "adondar a lingua", e outros proxectos transmedia e de hibridación, mais é a primeira vez que consumo a súa obra nun formato máis "rústico". Sorprendeume deste poemario non so a súa orixinalidade, senón a exploración que hai nel sobre a condición humana en relación coa máquina.

 

Coido que Pantallas é un poemario que representa claramente como a poesía non ten nada de hermético e que é un xénero artístico que se acomoda a calquera realidade. Celia Parra ten o talento de ler a cotidianidade en clave lírica e outorgar a máquina o interese propio dun organismo vivo. 

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Ese instante que no se olvida
Tan vacío devuelto por las sombras
Tan vacío rechazado por los relojes
Ese pobre instante adoptado por mi ternura
Desnudo desnudo de sangre de alas
Sin ojos para recordar angustias de antaño
Sin labios para recoger el zumo de las violencias
perdidas en el canto de los helados campanarios.

Ampáralo niña ciega de alma
Ponle tus cabellos escarchados por el fuego
Abrázalo pequeña estatua de terror.
Señálale el mundo convulsionado a tus pies
A tus pies donde mueren las golondrinas
Tiritantes de pavor frente al futuro
Dile que los suspiros del mar
Humedecen las únicas palabras
Por las que vale vivir. 

[...]

Alejandra Pizarnik,  A la espera de la oscuridad. (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com