Recensión: Celia Parra, Pantallas


Título: Pantallas Autora: Celia Parra Editorial: Galaxia

Colección: Dombate ISBN: 9788491511946 Nº de páxinas: 100 páxs

Sinopse:

Neste novo poemario, a autora accede ao dicir poético dende a realidade cotiá das pantallas, os códigos binarios, a virtualidade e as memorias sempre difusas, inmediatas e volátiles, dos trebellos electrónicos que nos circundan e fan ser a clase de almas que agora somos. Unha voz poderosa en clave de bit poético.

Celia Parra propón con Pantallas unha visión poética dunha realidade "virtual", na que da conta da volatilidade da palabra en todas as súas variantes a través da relación dos seres humanos coa prolongación moderna do seu propio corpo, os aparatos electrónicos e smartphones.

Coñecía previamente o traballo desta autora mediante os seus videopoemas, aproveito para recomendar concretamente "adondar a lingua", e outros proxectos transmedia e de hibridación, mais é a primeira vez que consumo a súa obra nun formato máis "rústico". Sorprendeume deste poemario non so a súa orixinalidade, senón a exploración que hai nel sobre a condición humana en relación coa máquina.

Coido que Pantallas é un poemario que representa claramente como a poesía non ten nada de hermético e que é un xénero artístico que se acomoda a calquera realidade. Celia Parra ten o talento de ler a cotidianidade en clave lírica e outorgar a máquina o interese propio dun organismo vivo.

#Recensión

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

 

 

 

creme

 

se desafío esta fame

é porque vivo con ela.

Regina Touceda, en deriva 

(Espiral Maior, 2020)  (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com