I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Recensión: Domingo Villar, O último barco

June 6, 2019

 

 

Título: O último barco
Autor: Domingo Villar
Editorial: Galaxia

Colección: Literaria (383)
ISBN: 9788491513049
Nº de páxinas: 800 páxs

Sinopse: 

 

A filla do doutor Andrade vive nunha casa pintada de azul, nun lugar onde as praias de ondas mansas contrastan co bulir da outra beira. Alí, as mariscadoras pescudan na area, os mariñeiros botan os aparellos á auga e os que van traballar á cidade agardan no peirao a chegada do barco que cruza cada media hora a ría de Vigo. Unha mañá de outono, mentres a costa galega se recupera dos estragos dun temporal, o inspector Caldas recibe a visita dun home alarmado pola ausencia da súa filla, que non se presentou a un xantar coa familia na fin de semana nin acudiu o luns a impartir a súa clase de cerámica na Escola de Artes e Oficios. E, aínda que nada pareza alterado na casa nin na vida de Mónica Andrade, Leo Caldas axiña ha comprobar que na vida, coma no mar, a máis apracible das superficies pode agochar un fondo escuro de correntes devastadoras.

Tras moitos anos de espera Domingo Villar está de volta cunha nova historia de Leo Caldas, o inspector vigués que se converteu nun fenómeno editorial no sistema literario galego e internacional. Teño que recoñecer que agardaba unha boa historia polo talento do autor, mais tamén era posible atopar uns personaxes desvirtualizados tras moitos anos sen consumir as súas historias. Alégrome de que a miña posición inicial fose errónea.

 

O último barco é unha novela perfectamente trazada de principio a fin. O autor consegue que unha novela de 800 páxinas se devore en moi pouco tempo polo aditivo da trama e pola axilidade dos seus diálogos. Domingo Villar manipula ó lector totalmente facendo que este resolva o caso erroneamente cada capítulo, presentándolle distintos sospeitosos con probas bastante verosímiles. A isto hai que engadir o feito que nin sequera temos a seguridade de que exista un asasinato ata moi avanzada a historia.

 

Lembraba con moito agarimo as figuras de Leo Caldas e Estévez e neste libro confírmase que os personaxes manteñen a súa configuración. Sen dúbida botei en falta eses episodios humorísticos tan característicos de Estévez, mais considero que a súa esencia é a mesma. Leo Caldas confírmase como o inspector máis importante da literatura galega e enriquece moitísimo a súa trama persoal grazas ós episodios máis sentimentais da historia e a relación co seu pai. Importante é tamén mencionar a Alba, tan presente na novela e nas pantasmas do inspector que elévase a caracterización de personaxe.

 

En resumo, Domingo Villar volve cun título á altura do que os seus lectores agardaban. Unha novela moi entretida, de gran traballo documental e de sobresaínte trama que sitúa de novo a cidade de Vigo no mapa literario internacional. Non sei a que agardades para facervos co voso exemplar.

 

 

 

 

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Ese instante que no se olvida
Tan vacío devuelto por las sombras
Tan vacío rechazado por los relojes
Ese pobre instante adoptado por mi ternura
Desnudo desnudo de sangre de alas
Sin ojos para recordar angustias de antaño
Sin labios para recoger el zumo de las violencias
perdidas en el canto de los helados campanarios.

Ampáralo niña ciega de alma
Ponle tus cabellos escarchados por el fuego
Abrázalo pequeña estatua de terror.
Señálale el mundo convulsionado a tus pies
A tus pies donde mueren las golondrinas
Tiritantes de pavor frente al futuro
Dile que los suspiros del mar
Humedecen las únicas palabras
Por las que vale vivir. 

[...]

Alejandra Pizarnik,  A la espera de la oscuridad. (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com