I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Recensión: Daniel Asorey, Transmatria

June 14, 2019

 

Título: Transmatria
Autor: Daniel Asorey
Editorial: Xerais

Colección: Poesía
ISBN: 9788491214779
Nº de páxinas: 72 páxs

Sinopse: 

 

Transmatria é un libro contundente, comprometido, con versos que agroman do corpo e da súa capacidade transformadora. Os seus poemas constrúen unha escrita a favor da dignidade, das identidades sexuais e de xénero, empregando unha lingua que quere renacer, renovarse e ser libre. Este libro de Daniel Asorey Vidal abre un espazo sen muros, pon en valor a sociedade desposuída e bate en nós a través dunha mensaxe íntegra, chea de rebeldía, insumisión, vitalidade e futuro.

É complexo abordar o comentario literario dalgúns títulos, en especial cando a súa lectura supón unha carga emocional tan grande como Transmatria. Este poemario é dos que cualificaría como libro "duro", tanto como pola forza con que golpea o lector como polo sólido da argumentación e das perspectivas que ofrece.

 

Transmatria de Daniel Asorey é un libro da reivindicación das dignidades, un título que presenta as identidades sexuais dende una óptica reivindicativa a través dunha linguaxe poética creada con ese único proceso. Un libro que transita entre a dura realidade da exclusión social por cuestións sexuais e de xénero e a necesidade da poboación de reflexionar sobre o concepto de identidade nunha sociedade submisa.

 

Os poemas de Daniel Asorey son textos rebeldes, incoformistas e cheos de referencias non so actuais senón cultas. Os poemas son continuos golpes para o lector, voluntariamente incómodos mais tamén necesarios. Uns textos que reflicten a continua violencia exercida contra os colectivos de identidades ou pensamentos non considerados canónicos.

 

Transmatria non é so un título, senón un concepto en si mesmo. Un concepto que busca ser bandeira na loita contra a indignidade humana. Daniel Asorey crea un libro senlleiro, comprometido, moi iluminador e que non deixa indiferente a calquera que o lea.

 

 

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Ese instante que no se olvida
Tan vacío devuelto por las sombras
Tan vacío rechazado por los relojes
Ese pobre instante adoptado por mi ternura
Desnudo desnudo de sangre de alas
Sin ojos para recordar angustias de antaño
Sin labios para recoger el zumo de las violencias
perdidas en el canto de los helados campanarios.

Ampáralo niña ciega de alma
Ponle tus cabellos escarchados por el fuego
Abrázalo pequeña estatua de terror.
Señálale el mundo convulsionado a tus pies
A tus pies donde mueren las golondrinas
Tiritantes de pavor frente al futuro
Dile que los suspiros del mar
Humedecen las únicas palabras
Por las que vale vivir. 

[...]

Alejandra Pizarnik,  A la espera de la oscuridad. (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com