I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Recensión: Eduard Velasco, Os días felices de Benvido Seixas

September 9, 2019

 

Título: Os días felices de Benvido Seixas
Autor: Eduard Velasco
Editorial: Xerais
ISBN: 9788491210160
Nº de páxinas: 184 páxs

Sinopse:

 

Bienvenido queda sen tabaco e acaba nun centro sociocultural contrario aos seus intereses de clase. Un home coma el nunca entraría nun sitio coma ese, pero tampouco acabaría pasando a noite con Mariña, a camareira activista que lle serviu a primeira copa de moitas. Desenfreados pola paixón, durante un ano viaxarán por Galicia (das Rías Baixas ao Courel), explorarán os límites dos corpos e as fronteiras das súas conviccións e xogarán coas identidades ata transformárense en persoas insospeitadas nas súas vidas anteriores, para incomprensión e hilaridade do seu círculo máis próximo. Pero quen non estaría disposto a traizoar a memoria familiar para seguir a chamada do desexo? "Os días felices de Benvido Seixas" é unha novela retranqueira, irónica, divertidísima, que enreda cos tópicos da cultura galega para facer un brinde a favor do humor.

Teño que recoñecer que non son un lector interesado na literatura de carácter cómico mais non foi fácil soltar esta divertida novela. Eduard Velasco, quen ata o momento non tiña obra narrativa publicada, é o autor de Os días felices de Benvido Seixas, unha novela irónica e chea de humor cunha critica ácida ó clasismo da sociedade.

 

Bienvenido e Mariña logran facilmente a simpatía dos lectores porque resultan caricaturas moi sinxelas de dúas persoas que son produto de dous contextos ben distintos. A súa relación é totalmente ilóxica e so funciona pola ilusión que Benvido crea sobre ela, na que exerce un papel case teatral.

 

Os días felices de Benvido Seixas non é unha novela complicada nin esixe moito ó lector. É unha historia que non peca de innecesariamente artificiosa, que non pasará a historia da literatura, mais cumpre o seu evidente obxectivo, servir de entretemento a un lector que seguramente gozará dela no que queda das súas vacacións de verán.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Ese instante que no se olvida
Tan vacío devuelto por las sombras
Tan vacío rechazado por los relojes
Ese pobre instante adoptado por mi ternura
Desnudo desnudo de sangre de alas
Sin ojos para recordar angustias de antaño
Sin labios para recoger el zumo de las violencias
perdidas en el canto de los helados campanarios.

Ampáralo niña ciega de alma
Ponle tus cabellos escarchados por el fuego
Abrázalo pequeña estatua de terror.
Señálale el mundo convulsionado a tus pies
A tus pies donde mueren las golondrinas
Tiritantes de pavor frente al futuro
Dile que los suspiros del mar
Humedecen las únicas palabras
Por las que vale vivir. 

[...]

Alejandra Pizarnik,  A la espera de la oscuridad. (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com