David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com

Recensión: Iolanda Zúñiga, Natura

20/09/2019

 

 

Título: Natura

Autora: Iolanda Zúñiga

Editorial: Galaxia

Colección: Literaria (379)

ISBN: 9788491512622

Nº de páxinas: 216 páxs

Sinopse:

 

Dúas mulleres, nai e filla, emprenden unha fuxida deixando atrás unha terra devastada, unha civilización destruída, un mundo sen auga e sen futuro. Camiñan na procura da salvación, dese lugar chamado Natura onde se constrúe unha civilización forte, xeneticamente invencible, capaz de desafiar a canta catástrofe teña lugar.

Só unha conseguirá entrar en Natura, nesa obra de enxeñería deseñada para a salvación, e pasará a formar parte das Elixidas. Pero cal é o custo? Alí non hai espazo para a intimidade, nin para os recordos, nin para os sentimentos. Escravas da rutina e das instrucións que veñen de arriba, só as poden acatar. Nese cotián narcotizado penden a fe, a esperanza, a ilusión… Son corpos en branco fronte a ordes de homes de gris. Que acontece se esperta o desexo? Ou a consciencia? Ou se algunha delas infrinxe as normas?

Cando Natura chegou as miñas mans non sabía que agardar del. A autora galega é unha destas artistas polifacéticas que traballa varios xéneros con gran habilidade, polo que non é sinxelo ter unha idea previa de que tipo de obra temos diante antes de consumila. 

 

Se tivese que facer unha definición de Natura, supoño que a palabra distopía e muller serían as partes claves do sintagma. Sen embargo, confeso que o uso das dúas palabras sen unha glosa a adecuada serían erros gravísimos na definición. Deixo para outros lectores ese traballo.

 

Esta novela é unha historia de mulleres nunha sociedade que as utiliza como medios de produción vendéndolles a idea de que o seu papel é salvar a humanidade como "Elixidas" mentres as condicións da súa existencia non se poden definir doutra maneira que tráxicas. A narración é completamente analítica con respecto ó comportamento da humanidade e a autora non ten medo de amosar os excesos dunha maneira voluntariamente incomoda.

 

Natura é unha historia que pese a que non é lenta nin aburrida pesa de intranscendente pola forza da narración. Esta obra de Iolanda Zúñiga é dunha calidade narrativa inmensa e dunha incomodidade que fai que o lector non repare nos feitos da historia, senón nos sentimentos que eles producen. Como lector tiven a sensación de que o poder da historia reside na expresión da mesma e na reflexión sobre o desexo, a norma, o xénero ou os propios sentimentos. Non por iso deixo de recomendar a súa lectura. Hai moito que debater nela.

 

 

 

 

 

 

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Please reload

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

A miña beleza sinala co dedo,

espella os meus cristais,

ofende.

 

A miña beleza que intimida, 

que enerva sen falar,

que acovarda.

 

A miña beleza que prognostica,

que me eclipsa,

que me traizoa,

 

A que me vende barata,

a que amortiza os meus fallos,

que se me adianta.

 

A que levanta suspicacias,

a que disuade de min, 

que desvirtúa.
[...]

..

Yolanda Castaño, en Profundidade de campo (Espiral maior, 2007)