I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Recensión: Andrej Longo, A outra nai

October 30, 2019

 

Título orixinal: L´altra madre

Título: A outra nai

Autor: Andrej Longo

Tradución: Moisés Barcia

Editorial: Rinoceronte

ISBN: 9788417388256

Nº de páxinas: 194 páxs

Sinopse: 


Genny ten dezaseis anos e traballa nun bar, xoga ao fútbol e fai o parvo no scooter. Tania ten quince anos, aínda vai ao instituto e dorme nun cuarto con estrelas no teito. A nai de Genny ten corenta anos, pero aparenta máis; pasa o día arranxando pantalóns e de cando en vez bota o tarot. A de Tania é policía e non dubida en empregar a súa arma cando as cousas se complican.

Un día as vidas de Genny e Tania crúzanse traxicamente e unha nai decide tomar a xustiza pola man.

 

TRADUCIÓN DENDE O ITALIANO DE MOISÉS BARCIA

É curiosa a capacidade que teñen algúns títulos de facer reflexionar o lector tanto sobre o mundo que o rodea como sobre algúns termos morais que un considera totalmente estáticos en relación a súa propia definición. Este tipo de textos son moi interesantes para estimular lectores e considero que A outra nai de Andrej Longo pertence a esta serie.

 

A outra nai é unha historia profundamente dramática que ten lugar no sur de Italia e que constrúese a base de contrastes. Case todos os personaxes viven vidas completamente distintas e que non pertencen a mesmo "estamento" social mais a miseria e o concepto de (in)xustiza, rematan por xuntalos nun mesmo plano. Este sur de Italia masacrado pola necesidade, contaminado polas bandas adolescentes e as drogas, levase vítimas en todas as posibles definicións do termo.

 

Teño que recoñecer que non coñecía o autor Andrej Longo e leveime unha agradable sorpresa. A historia que narra é profundamente decadente e mesmo pode semellar violenta de cara ó final. O texto non peca de moralismos senón de presentar as cousas como son, as reflexións son traballo do lector. O talento de Andrej Longo é o de facer unha chamada á reflexión dende a imparcialidade, e presentando personaxes que contaminados polo seu contexto destrúen todos os seus principios.

 

Coido que A outra nai é un libro de interesante lectura para calquera público. Unha novamente interesante aposta de Rinoceronte por traer á nosa lingua o mellor da literatura en lingua italiana.


 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Ese instante que no se olvida
Tan vacío devuelto por las sombras
Tan vacío rechazado por los relojes
Ese pobre instante adoptado por mi ternura
Desnudo desnudo de sangre de alas
Sin ojos para recordar angustias de antaño
Sin labios para recoger el zumo de las violencias
perdidas en el canto de los helados campanarios.

Ampáralo niña ciega de alma
Ponle tus cabellos escarchados por el fuego
Abrázalo pequeña estatua de terror.
Señálale el mundo convulsionado a tus pies
A tus pies donde mueren las golondrinas
Tiritantes de pavor frente al futuro
Dile que los suspiros del mar
Humedecen las únicas palabras
Por las que vale vivir. 

[...]

Alejandra Pizarnik,  A la espera de la oscuridad. (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com