I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Recensión: Antía Yáñez, O misterio do torque de Burela

October 30, 2019

 

Título: O misterio do torque de Burela
Autora: Antía Yáñez

Ilustradora: Kristina Sabaite
Editorial: Galaxia
ISBN: 9788491513551
Nº de páxinas: 232 páxs

Sinopse:

 

Son milleiros de rapazas e rapaces os que coñecen estes catro irmáns e un can especialista en investigar misterios inquedantes. Percorren Galicia vivindo aventuras e descubrindo asasinatos e roubos. Son infalibles. Nesta nova hisoria, demóstrano unha vez máis…

Non hai dúbida de que Antía Yáñez é unha das autoras do momento na LIX galega. Nuns poucos anos acumulou varios dos premios literarios máis importantes do país e a valoración positiva dun grupo de lectores tan crítico como é o infantil e xuvenil. Precisamente por esta necesidade do gran público de coñecer máis das aventuras dos "cinco" personaxes máis de moda da literatura galega, temos ante nos O misterio do torque de Burela.

 

A autora xa presentara con éxito en O misterio de Portomarín (Galaxia, 2016) a este peculiar grupo de nenos e un can, mais neste título temos perfectamente radiografados a cada un deles ata o punto de que case é posible interpretar quen di ou pensa cada cousa no texto sen anotacións previas. É tamén impresionante a cantidade de temas de actualidade social que os nenos exploran dende unha óptica infantil, mais profundamente crítica.

 

Esta aventura é en xeral, moito máis detectivesca que a primeira. O ritmo do texto é máis pausado e na resolución do caso prima a reflexión ante a propia impulsividade. Isto produce que a aventura real comece na metade do texto, pese a un "susto" inicial, mais non implica que a parte anterior do texto sexa aburrida. Unha das cousas que máis valoro desta autora é a capacidade tanto de introducir o humor como elemento que dota a trama de dinamismo e que fai da lectura entretida, como tamén a introdución do mesmo como elemento que enche a obra de ironía e de crítica social.

 

En xeral, O misterio do torque de Burela é unha segunda parte perfecta para as aventuras dos novos "cinco" da literatura galega. Agardemos que teñamos unha nova entrega pronto. 

 

 

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Ese instante que no se olvida
Tan vacío devuelto por las sombras
Tan vacío rechazado por los relojes
Ese pobre instante adoptado por mi ternura
Desnudo desnudo de sangre de alas
Sin ojos para recordar angustias de antaño
Sin labios para recoger el zumo de las violencias
perdidas en el canto de los helados campanarios.

Ampáralo niña ciega de alma
Ponle tus cabellos escarchados por el fuego
Abrázalo pequeña estatua de terror.
Señálale el mundo convulsionado a tus pies
A tus pies donde mueren las golondrinas
Tiritantes de pavor frente al futuro
Dile que los suspiros del mar
Humedecen las únicas palabras
Por las que vale vivir. 

[...]

Alejandra Pizarnik,  A la espera de la oscuridad. (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com