I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Recensión: Eli Ríos, O ceo das reixas

October 30, 2019

 

Título: O ceo das reixas
Autora: Eli Ríos
Editorial: Xerais
ISBN: 9788491215523
Nº de páxinas: 80 páxs

Sinopse:

 

Noelia está presa no módulo de respecto cando na cela contigua sucede algo grave. Ela, que é cirurxiá, séntese obrigada a intervir. Logo, da dirección da prisión solicítanlle que vixíe e informe sobre a súa nova compañeira de cela, Fina, unha vella que semellaba dócil pero coa que terá que manter un pulso complicado. O ceo das reixas, de Eli Ríos, recrea o ambiente carcerario a partir de protagonistas femininas e fainos descubrir que a liberdade non sempre depende do número de barrotes que teña unha reixa. Esta novela fala da invisibilización, dos silencios, da violencia e da linguaxe que constrúen cadeas imperceptibles arredor das mulleres.

Neste blogue é evidente o interese que suscita a obra de Eli Ríos. A autora galega é suxeito dunha literatura completamente crítica, chea de ironía e dun compromiso enorme coa sociedade. O ceo das reixas esta "noveliña" publicada en Xerais é un exemplo claro dos elementos que contén a fórmula literaria da autora.

 

Neste caso emprego o termo "noveliña" para sinalar a súas dimensións, unhas apenas 80 páxinas que se consumen rapidamente cun café, mais iso non implica que o valor do texto sexa pequeno. Se teño que definir este título faríao como unha novela psicolóxica, repleta dos fantasmas que habitan na nosa sociedade, e que reflexiona sobre o concepto de liberdade e violencia. Un texto de lectura sinxela mais cunha atmosfera escura e incomoda que fan del unha historia recomendable.

 

Semella que a autora elimina a propia literatura do texto suprimindo os elementos máis esenciais dunha fábula ou relatando os feitos dunha maneira pouco narrativa, mais a realidade é que Eli Ríos tece un cárcere metaliterario onde todo o que se di ten un valor especial tras reflexionar sobre o lido.

 

En resumo, O ceo das reixas é unha novela breve máis dun interese enorme para calquera lector. Recomendo moito a súa lectura a todo aquel que precise dun libro evocador e profundamente comprometido cos problemas da nosa sociedade.

 

 

 

 

 

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Ese instante que no se olvida
Tan vacío devuelto por las sombras
Tan vacío rechazado por los relojes
Ese pobre instante adoptado por mi ternura
Desnudo desnudo de sangre de alas
Sin ojos para recordar angustias de antaño
Sin labios para recoger el zumo de las violencias
perdidas en el canto de los helados campanarios.

Ampáralo niña ciega de alma
Ponle tus cabellos escarchados por el fuego
Abrázalo pequeña estatua de terror.
Señálale el mundo convulsionado a tus pies
A tus pies donde mueren las golondrinas
Tiritantes de pavor frente al futuro
Dile que los suspiros del mar
Humedecen las únicas palabras
Por las que vale vivir. 

[...]

Alejandra Pizarnik,  A la espera de la oscuridad. (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com