Recensión: Andrej Longo, A outra nai


Título orixinal: L´altra madre

Título: A outra nai

Autor: Andrej Longo

Tradución: Moisés Barcia

Editorial: Rinoceronte

ISBN: 9788417388256

Nº de páxinas: 194 páxs




Sinopse:

Genny ten dezaseis anos e traballa nun bar, xoga ao fútbol e fai o parvo no scooter. Tania ten quince anos, aínda vai ao instituto e dorme nun cuarto con estrelas no teito. A nai de Genny ten corenta anos, pero aparenta máis; pasa o día arranxando pantalóns e de cando en vez bota o tarot. A de Tania é policía e non dubida en empregar a súa arma cando as cousas se complican.

Un día as vidas de Genny e Tania crúzanse traxicamente e unha nai decide tomar a xustiza pola man.

TRADUCIÓN DENDE O ITALIANO DE MOISÉS BARCIA

É curiosa a capacidade que teñen algúns títulos de facer reflexionar o lector tanto sobre o mundo que o rodea como sobre algúns termos morais que un considera totalmente estáticos en relación a súa propia definición. Este tipo de textos son moi interesantes para estimular lectores e considero que A outra nai de Andrej Longo pertence a esta serie.

A outra nai é unha historia profundamente dramática que ten lugar no sur de Italia e que constrúese a base de contrastes. Case todos os personaxes viven vidas completamente distintas e que non pertencen a mesmo "estamento" social mais a miseria e o concepto de (in)xustiza, rematan por xuntalos nun mesmo plano. Este sur de Italia masacrado pola necesidade, contaminado polas bandas adolescentes e as drogas, levase vítimas en todas as posibles definicións do termo.

Teño que recoñecer que non coñecía o autor Andrej Longo e leveime unha agradable sorpresa. A historia que narra é profundamente decadente e mesmo pode semellar violenta de cara ó final. O texto non peca de moralismos senón de presentar as cousas como son, as reflexións son traballo do lector. O talento de Andrej Longo é o de facer unha chamada á reflexión dende a imparcialidade, e presentando personaxes que contaminados polo seu contexto destrúen todos os seus principios.

Coido que A outra nai é un libro de interesante lectura para calquera público. Unha novamente interesante aposta de Rinoceronte por traer á nosa lingua o mellor da literatura en lingua italiana.

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

«pequena occidental,

confías na historia das palabras

porque nunca puideches confiar na dos homes»

    Alba Cid, Atlas (Galaxia, 2020). (Fragmento)

Premio Nacional de Poesía Xove Miguel Hernández 2020