Recensión: María Alonso, Red Lion

30/11/2019

 

 

Título: Red Lion
Autora: María Alonso
Editorial: Galaxia
ISBN: 9788491513582
Nº de páxinas: 140 páxs

Sinopse:

 

Lolita Dinamita iluminou a cicatriz que atravesaba o seu rostro cun sorriso de satisfacción cando se decatou de que CaraDeTolo enviara un dos seus para facerse co control da venda de droga na zona. Sabía que chegara o momento que tanto esperara. Acompañada por un grupo de malnacidos, cuxas vidas xa viñan arruinadas de serie, Lolita Dinamita volve a un pasado que doe, a un lugar en estado de excepción onde se practica todo tipo de abusos de xeito sistemático e baixo a máis total e absoluta das impunidades.

Red Lion lévanos a unha cidade calquera, a un arrabaldo onde emerxe o lado máis miserento da sociedade durante as vertixinosas horas en que unha muller decide darlle un envorco á súa vida para tomar a vinganza pola súa man. Centos de vidas truncadas, milleiros de historias silenciadas, corpos aldraxados, espíritos violentados. Morte, corrupción, vicio. A cara máis escura da humanidade quedara oculta baixo un limoeiro no patio traseiro do que no seu día fora un dos lugares máis famosos do país.

Levabamos bastante tempo sen ter noticias literarias de María Alonso polo que recibín este novo título con grande expectación. Persoalmente penso que os textos desta autora teñen sempre algo de especial e que a súa flexibilidade na escolla de xénero, temática ou formato fan do seu traballo algo sempre interesante.

 

Red Lion é unha novela frenética e voluntariamente violenta que fala da parte máis miserenta da sociedade sen ningún tipo de censura. Esta é a historia dos vicios e desexos máis deplorables da humanidade en combinación coa necesidade de vinganza de Lolita Dinamita, unha muller que renuncia a todo para esnaquizar de xeito sistemático o sistema cruel ó que pertence.

 

Lolita Dinamita é un personaxe xenial. Unha muller cun pasado infestado de abusos, crueldade e misterios que desexa ante todo finalizar a sucesión de vidas truncadas dunha forma total. Os seus métodos son moralmente criticables mais é claro que son produto das súas feridas. Unicamente seres feridos como as personaxes desta novela son capaces de destruír todo ó que as rodea para lograr un fin. Isto fai do seu personaxe perfecto de comezo a fin.

 

Drogas, abusos, misterios ou miseria son os temas principais dunha novela bastante adictiva e que convida a analizar o mundo desde unha perspectiva crítica e voluntariamente desagradable. Sen dúbida un libro que recomendo moito ler.

 

 

 

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Please reload

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Chegamos á cidade a través das pontes pero o noso destino non era río. Levabamos con nós a cativa
para amosarlle o bambear

dos encadeamentos que só relocen no maxín. Ás veces creamos
para crer.

Chegamos á cidade a través das pontes cos pés luxados e as linguas
en equilibrio.
Quitamos os zapatos brancos

de charol. Chegamos. Marchamos. Prometemos non volver.

Poema de Tamara Andrés, en Bosque vermello (Positivas, 2019)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com