I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Recensión: Berta Dávila, Carrusel

January 10, 2020

 

 

Título: Carrusel

Autora: Berta Dávila

Editorial: Galaxia

Colección: Literaria (401)

ISBN: 9788491514046

Nº de páxinas: 128 páxs.

 

 

Premio García Barros 2019

Sinopse:

 

Unha escritora que atravesa unha crise creativa decide elaborar un relato do seu percurso vital coa intención de encontrarlle sentido a un pasado difícil, marcado pola doenza mental que padece. Enfrontar as propias pantasmas nun libro lévaa a mergullarse no pouso íntimo das vivencias que o tempo deixou atrás e nas afinidades ignotas e inusitadas que elaboran as lembranzas da súa historia familiar e persoal. Só así será quen de afondar na súa condición de enferma, na súa relación co imprevisible tío Carlos, que sofre a mesma doenza, e tamén na súa experiencia coa maternidade e coa perda de seres queridos. É posible que iso a axude a dar significado ao pasado e a entender o futuro, mais ningún futuro está escrito e, moito menos, o de quen escribe para intentar salvarse.

Nestes últimos anos teño sempre a boa fortuna de comezar o ano con boas lecturas. Penso que non hai unha forma mellor de introducirse neste 2020 que cunha boa lectura. Carrusel de Berta Dávila foi esa lectura. Xa comentada en moitos blogues de referencia no sistema literario e por moitos lectores con moi bo criterio é difícil engadir nada máis sobre a novela. Sen embargo a miña intención é explicarvos porque pareceume a min esta novela, unha das mellores que se publicaron nesta década.

 

Ler Carrusel de Berta Dávila é como entrar nun parque de atraccións literario. O lector percorre estes dez capítulos, máis ben dez pílulas de talento literario concentrado, deixándose levar polo talento da autora para transmitir mediante palabras todas as sensacións posibles. Un parque de atraccións onde os visitantes viven sensacións únicas. 

 

Nestes dez capítulos, mesmo formato que en O derradeiro libro de Emma Olsen (2013), a autora constrúe un texto cheo de relacións e afinidades entre seres humanos que se contaxian das doenzas e enfermidades provocadas pola vida en sociedade. Aderezadas dun lirismo fermoso, Dávila conta a historia da humanidade que normalmente non se conta, pois carece dun valor práctico.

 

O interesante de Carrusel, como pasa exactamente en Ordesa de Manuel Vilas, é que temos un narrador brillante e intenso que relacionase cos seus semellantes de diversas formas, e nas mesmas, moitas veces erráticas, atopamos a propia esencia da novela e da vida.

 

En resumo, non podo facer máis que recomendar a lectura dunha novela especial e deliciosa. Dende hoxe unha das miñas preferidas en lingua galega.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Quén preservará todos os contornos da conciencia.

Quén ha de revelar o meu nome descoñecido,

o meu impúdico nome que codifica e devora.

Quén pode prescribir tantos equívocos moldes

por encima desta fiestra construída polo corpo.

Quén haberá que incorpore esta razón esta memoria

cara un ciclo impertérrito de tebras e de luz?  [...]

..

Yolanda Castaño, en Delicia (Espiral Maior,1998)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com