David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com

Recensión: Aki Shimazaki, Hôzuki

19/01/2020

 

Título: Hôzuki

Título orixinal: Hôzuki

Autora: Aki Shimazaki

Tradutor: Moisés Barcia

Editorial: Rinoceronte

ISBN: 9788417388317

Nº de páxinas: 114 páxs.

Sinopse: 

 

Mitsuko rexenta unha libraría de segunda man especializada en obras filosóficas. Alí pasa os días tranquilamente coa súa nai e mais con Tarô, o seu fillo xordomudo.

Un día, unha muller distinguida entra na tenda acompañada pola filla pequena, que conecta moi ben con Tarô. Para compracer o seu fillo, Mitsuko aceptará volver velas, malia que normalmente evita facer amizades. Este encontro podería poñer en perigo o equilibrio da súa familia.

 

Coido que a literatura xaponesa é unha das miñas materias pendentes. O xaponés, coma linguaxe de base puramente tribal é unha lingua que fala unicamente nos códigos morais e tradicionais propios da súa civilización, polo que os europeos moitas veces non comprendemos os seus textos pese as traducións. Sen embargo, recibo sempre recomendacións e bos comentarios sobre as obras de autores nipóns e entre os textos de Rinoceronte atopo moitos acertos, polo que decidín darlle unha oportunidade a esta autora.

 

Hôzuki é unha obra moi breve pero de gran intensidade. Neste texto reflexionase sobre o concepto de familia, de pertenza a un lugar, e resulta un interesante estudo sobre os valores da sociedade xaponesa. Fun estudante de xaponés durante algún tempo, polo que agradezo que as palabras que se corresponden co ideario máis intrínseco da sociedade xaponesa non sexan traducidas polo tradutor. Considero que moitos dos termos son coñecidos polos lectores e para os que non os coñecen, unha busca en google ou nun dicionario pode ser tamén moito máis correcta para o lector que recibir unha tradución errónea ou unha galeguización de conceptos que non teñen ningunha relación coa nosa cultura.

 

Nesta novela Shimazaki non dispón ningún elemento aleatoriamente, é dicir, sen que responda a ningún tipo de referencia filosófica ou socio-cultural que se considere importante para a construción do ideario do seu texto. Dende o propio título ata os nomes dos personaxes, todo supón unha rede de referencias que constrúen unha obra puramente emocional, de áxil lectura e que propón interesantes reflexións. É necesario sinalar tamén que a sensación de desequilibrio é unha constante na obra polas actitudes dos personaxes e pola fraxilidade das súas perspectivas. 

 

En resumo, o meu primeiro contacto coa obra de Shimazaki foi bastante positivo. Agardo que non sexa a única obra que podamos ler dela na nosa lingua.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Please reload

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

A miña beleza sinala co dedo,

espella os meus cristais,

ofende.

 

A miña beleza que intimida, 

que enerva sen falar,

que acovarda.

 

A miña beleza que prognostica,

que me eclipsa,

que me traizoa,

 

A que me vende barata,

a que amortiza os meus fallos,

que se me adianta.

 

A que levanta suspicacias,

a que disuade de min, 

que desvirtúa.
[...]

..

Yolanda Castaño, en Profundidade de campo (Espiral maior, 2007)