Recensión: Tamara Andrés, irmá paxaro

25/01/2020

 

Título: irmá paxaro

Autora: Tamara Andrés

Ilustracións: María Montes

Editorial: Cuarto de inverno

ISBN: 9788409158751

Nº de páxinas: 75 páxs

Sinopse: 

 

Irmá paxaro é o relato da perda da complicidade entre dúas irmás descoñecedoras de que o golpe máis duro é o paso do tempo. A autora, Tamara Andrés, emprega a poesía, nun texto profundamente narrativo, para mostrarnos a dispar evolución de dúas irmás que mantiñan un elo na infancia que lles permitía ser elas mesmas até que quebrou co despregar das ás da irmá pequena; a irmá paxaro.

É unha ledicia ter entre as mans un libro de Tamara Andrés e que ó mesmo tempo coincida coa estrea de cuarto de inverno, un novo selo editorial que amosa un amor polos libros que vese perfectamente expresado nas belísimas edicións dos seus dous primeiros títulos. Un pracer por partida dobre. 

 

irmá paxaro é un libro que xoga constantemente na dicotomía entre tempo e esquecemento. As relacións entre estes dous entes abstractos materialízanse na figura de dúas irmás que puideron ser elas mesmas ata que o tempo ditaminou sentenza. O texto é profundamente narrativo pese a súa evidente disposición e carga lírica, e está cheo de imaxes, aparentemente cotiás, construídas e analizadas por unha ollada nostálxica e metafórica. Constitúe en si mesmo un canto a aquelo que foi, ó que se viviu con intensidade e que non se pode recuperar.

 

Especialmente destacable deste título é, na miña opinión, a creación dun non lugar literario onde residen todos os capítulos da vida destas dúas irmás e que, ó mesmo tempo, resulta un recipiente hermético onde capturar todos aqueles momentos e pantasmas cos que contactan as dúas irmás durante a vida. Isto converte ó texto nunha fonte constante de emocións.

 

Para rematar, irmá paxaro é un poemario non so estéticamente fermoso, senón tamén rico no seu contido. Neste texto é moi sinxelo empatizar co eu poético ó mesmo tempo que acompañámolo polo seu percorrido vital. A elegancia formal, aderezado coas incribles ilustracións de María Montes, e a calidade e profundidade dos sentimentos que nel se atopan, fan desta lectura un título moi recomendable.

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Please reload

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Chegamos á cidade a través das pontes pero o noso destino non era río. Levabamos con nós a cativa
para amosarlle o bambear

dos encadeamentos que só relocen no maxín. Ás veces creamos
para crer.

Chegamos á cidade a través das pontes cos pés luxados e as linguas
en equilibrio.
Quitamos os zapatos brancos

de charol. Chegamos. Marchamos. Prometemos non volver.

Poema de Tamara Andrés, en Bosque vermello (Positivas, 2019)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com