Recensión: Lupe Gómez, Camuflaxe

09/02/2020

 

 

Título: Camuflaxe

Autora: Lupe Gómez

Editorial: Chan da Pólvora

ISBN: 9788494570155

Nº de páxinas: 107 páxs.

Sinopse:

 

Camuflaxe xorde como unha urxencia existencial e literaria que Lupe Gómez sente ao morrer a súa nai, no ano 2013. Porén, o libro non tarda en sobrepoñerse á elexía persoal e transfórmase nunha crónica reveladora e íntima sobre a extinción cultural e física dunha comunidade. Sen perder a corpulencia do seu verso violento e, ao tempo, fráxil, Lupe Gómez ensaia neste poemario novas formas de enerxía silenciosa, abrindo campos expresivos ata agora inéditos nela. Despois de Camuflaxe ninguén seguirá sendo igual, nin as persoas que o lean, nin a propia autora, que pare ante os nosos ollos un becerro co seu corazón de sangue vermello.

Creo que non é necesario presentar a Lupe Gómez como autora porque xa é de sobra coñecida por todos pola calidade innegable de gran cantidade dos seus textos, como polo seu imaxinario poético rebelde, provocativo e tremendamente suxestivo. A calidade de Camuflaxe (Chan da Pólvora, 2017) tampouco é unha novidade para ninguén, xa que recibiu o Premio da Crítica na categoría de Poesía no 2017. Por cuestións diversas non puiden acceder ó texto ata agora, e a súa lectura foi tan intensa que tiña que traelo ó blogue.

 

Camuflaxe é un poemario diferente, unha alfaia literaria. Partindo da necesidade de expresar os seus sentimentos tras a morte da súa nai, Lupe Gómez constrúe un texto tan potente que fai dunha lectura elexíaca un exercicio moi limitado de comprensión lectora. Neste texto hai compromiso tanto coa terra como coa posición da muller, como tamén hai unha concepción "violenta" da propia perda.

 

Nos poemas todos os elementos son puramente orgánicos, sensibles e o lector identifica vida en cada verso. Non existen figuras estereotipadas nin trazos banais nas figuras do rural, senón que hai unha análise profunda da vida das mulleres do rural e da súa loita diaria pese as súas desvantaxes. Unha exposición valente da realidade que xorde dun compromiso latente coa terra.

 

 

TI NON TIÑAS soños

porque as mulleres na aldea non soñan.

 

O atraso económico de Galicia era unha forma de vangarda artística.

 

 

O xogo entre a (non) presenza ou copresenza espazo-temporal da figura da nai, do pasado, da terra ou das vivenzas, fai deste texto unha lectura obrigatoria e un dos mellores textos poéticos publicados na última década.

 

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Please reload

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

 

 

 

creme

 

se desafío esta fame

é porque vivo con ela.

Regina Touceda, en deriva 

(Espiral Maior, 2020)  (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com