David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com

Alba Mato: "Considero que a literatura é un método moi imporante na educación xa que un conto pode permitirlle a un/a educador/a ou profesor/a tratar diversos temas"

14/03/2020

 

Alba Mato Souto (A Coruña, 2000). Formouse en Carballo e actualmente estuda Educación Infantil na Coruña. Sempre tivo interese polas letras, polo que era habitual que participase no concurso escolar de teatro lido "Xosé Manuel Eirís". Adeus chupete! (Medulia, 2019) é o seu primeiro libro publicado.  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Texto e fotografías: cedidos pola autora

- Para quen aínda non a coñeza. Quen é Alba Mato como autora?

 

Alba Mato é unha estudante de Educación Infantil de 19 anos que escribe contos no seu tempo de lecer.

 

- Este é o seu debut na literatura. Cales son as súas sensacións?

 

A verdade é que non podo estar máis contenta. Nunca imaxinara que existise a oportunidade de publicar un dos meus contos, nin que me recoñecesen pola rúa por ser autora dun libro.

 

- Cal é o xerme do texto do libro Adeus chupete! (Medulia, 2019)?

 

Todo comezou unha tarde na que tiña que crear unha historia para un traballo de clase. É un conto que trata sobre un neno que ten dependencia do su chupete pero ao longo da historia ocurrenlle diversos sucesos ata que se da de conta de que non o necesita.

 

 

- Teño entendido que hai unha interesante anécdota con respecto a súa publicación…

 

Un día ía nun dos buses da liña 12 de A Coruña, sentada con unha compañeira á que lle ensinaba o meu conto. De súpeto un señor acercouse e preguntoume se podía ensinarllo xa que él tamén tiña interese nel. Antes de que chegase a niña parada devolveume o conto e diume o seu número de teléfono e díxome que lle interesaba que o chamase para poder publicar o meu conto; posteriormente eu informeime de quen era esa persoa e resultou ser o escritor e editor Xulio López Valcárcel da editorial Medulia.

Púxenme en contacto con él e tras algúns cambios editaron e publicaron o libro que eu mesma escribin e ilustrei. Todo o proceso foi coma nun soño! 

 

- Por qué facer unha edición bilingüe do texto?

 

Decidín facelo en edición bilingüe para que poida lelo todo o mundo, para que os nenos practiquen ambas linguas, para que poidan elixir en que lingua o queren ler cada día e porque o orixinal era en castelán pero parecíame moi importante que estivese en galego tamén. 

 

- Como definiría o seu proceso creativo?

 

O meu proceso para poder crear unha historia é primeiro informándome do tema que quero tratar, despois anotando ideas que se me ocorran e por último comezar a crear a historia introducindo polo medio esas ideas que tiven ao principio.

 

- Considera que a literatura debe ser empregada como método didáctico máis importante na educación?

 

Considero que a literatura é un método moi imporante na educación xa que un conto pode permitirlle a un/a educador/a ou profesor/a tratar diversos temas, mais en troques de dar información ó chou, co conto introduces o neno na historia e falo partícipe. Un neno para aprender algo ten que sentirse identificado e cos contos é moi fácil que se identifique co protagonista e poida entender o tema a tratar fácilmente.

 

 

- Para rematar. Como valora a experiencia de ter publicado un texto? Ten algún novo proxecto en marcha?

 

Para min esta experiencia foi marabillosa e repetiría infinitas veces xa que faite sentir moi ben e valorada. Si que teño un novo proxecto en marcha, mais aínda tardará un tempo xa que quero ir con calma.

 

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Please reload

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

A miña beleza sinala co dedo,

espella os meus cristais,

ofende.

 

A miña beleza que intimida, 

que enerva sen falar,

que acovarda.

 

A miña beleza que prognostica,

que me eclipsa,

que me traizoa,

 

A que me vende barata,

a que amortiza os meus fallos,

que se me adianta.

 

A que levanta suspicacias,

a que disuade de min, 

que desvirtúa.
[...]

..

Yolanda Castaño, en Profundidade de campo (Espiral maior, 2007)