David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com

Recensión: Pilar Pallarés, Tempo fósil

14/03/2020

 

Título: Tempo fósil

Autora: Pilar Pallarés

Editorial: Chan da Pólvora

ISBN:  9788494769894

Nº de páxinas: 46 páxs

 

Premio Nacional de Poesía 2019

Sinopse:

 

Pilar Pallarés comezou a escribir Tempo fósil a finais de 2011, cando a ampliación do aeroporto de Alvedro levou por diante a casa familiar, que o pai construíra coas súas propias mans. O libro medrou deste xeito arredor da destrución do lugar, da familia e da imposibilidade de deixar pegadas indelebles. Máis que unha indagación na nostalxia, estamos ante un libro extraordinario sobre o paso do tempo, obsesión dunha autora que contempla e sente a aniquilación como unha cuestión colectiva. Tras case unha década de silencio, Pilar Pallarés regresa cunha poesía desapracible e brillante, rigorosa e hipnótica. Sen dúbida, Tempo fósil marca unha inflexión de poderosa radicalidade na súa obra.

Tempo fósil chegou as miñas mans debido a moitísimas recomendacións de xente con bo criterio e co aliciente de ser o título que recibiu o ano pasado o Premio Nacional de Poesía 2019. Polo tanto, o libro non foi ningunha sorpresa pola enorme calidade literaria que hai en cada verso, nin tampouco pola súa temática, senón polas incribles imaxes que hai nel.

 

O meu parecer non é moi distinto probablemente do doutros lectores e comentaristas, Tempo fósil é unha crónica case fotográfica do proceso de constante autodestrución que vivimos. As imaxes que hai nel son voluntariamente duras e específicas, polo que o lector ten a sensación de que sente como as pezas do que antes consideraba piares do seu concepto de realidade, quebran co paso das páxinas.Os que esnaquizamos todo o puro, somos nós dende a obsesión de construír novo sobre vello ignorando o poder de todo aquilo que deixamos atrás.

 

DA RUÍNA da razón nace a palabra

que busca regresar, romper o cerco:

o pexegueiro, o dafne,

o loureiro común, unha roseira brava,

o camelio, o romeu,

a pedra de alicerzar que foi asento,

os carreiros de xabre,

o incendio da memoria

mentres se parte o esternón da casa.

 

Sen dúbida unha brillante construción literaria que cuestiona e critica moitísimos valores da sociedade moderna.

 

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Please reload

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

A miña beleza sinala co dedo,

espella os meus cristais,

ofende.

 

A miña beleza que intimida, 

que enerva sen falar,

que acovarda.

 

A miña beleza que prognostica,

que me eclipsa,

que me traizoa,

 

A que me vende barata,

a que amortiza os meus fallos,

que se me adianta.

 

A que levanta suspicacias,

a que disuade de min, 

que desvirtúa.
[...]

..

Yolanda Castaño, en Profundidade de campo (Espiral maior, 2007)