David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com

Recensión: Henrique Dacosta, Carvalho Calero, vida e obra dun ser polifacético

23/03/2020

 

Título: Carvalho Calero, vida e obra dun ser polifacético

Autor: Henrique Dacosta

Editorial: Xerais

ISBN: 9788491216254

Nº de páxinas: 120 páxs

Sinopse:

 

Un libro divulgativo sobre a vida e a obra do autor das Letras Galegas 2020. Quen era, como viviu e como pensaba Carvalho Calero. Unha biografía clara e concisa para todos os públicos.

A primeira das miñas lecturas como preparación para o día das letras galegas é este breve ensaio divulgativo sobre a vida e obra de Carvalho Calero escrito por Henrique Dacosta.

 

Aqueles que busquen neste exemplar unha biografía extensa e unha análise academicista da obra do autor non atoparán neste libro tal contido. O libro de Henrique Dacosta presenta unha biografía sistemática, mais clara e ilustrativa da vida do autor e da súa obra literaria. De feito, engade nas últimas páxinas unha bibliografía bastante interesante e ben estruturada para aqueles que estean interesados en aspectos máis concretos da vida e obra do autor.

 

O autor prescinde no texto de adoptar calquera postura ideolóxica sobre a conflitiva figura do autor dentro das nas nosas letras e informa dende unha intención divulgativa dos puntos fortes e fracos da vida e obra do autor. En resumo, este texto constitúe unha presentación máis que axeitada sobre a figura de Carvalho Calero, que é valida tanto para o público adulto como para os estudantes de bacharelato.

 

 

 

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Please reload

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

A miña beleza sinala co dedo,

espella os meus cristais,

ofende.

 

A miña beleza que intimida, 

que enerva sen falar,

que acovarda.

 

A miña beleza que prognostica,

que me eclipsa,

que me traizoa,

 

A que me vende barata,

a que amortiza os meus fallos,

que se me adianta.

 

A que levanta suspicacias,

a que disuade de min, 

que desvirtúa.
[...]

..

Yolanda Castaño, en Profundidade de campo (Espiral maior, 2007)