Lecturas da corentena (I) (Galicia Confidencial, 23/03/2020)

26/03/2020

Na miña opinión a literatura é a mellor solución para superar os tempos que vivimos. Existe sempre un título acorde a calquera época, situación vital e as necesidades de calquera lector. Nesta época de inestabilidade, a literatura tampouco prescinde do seu valor. Durante o tempo que dure esta pandemia teredes recomendacións de tres títulos que corresponden a tres categorías: Narrativa, Poesía/Teatro e Literatura infantil. Estas categorías non están totalmente pechadas, senón que son flexibles para acoller a máis tipos de lectores.

 

 
O meu criterio na selección das tres primeiras obras baséase na necesidade de convidar os lectores a reflexionar. Estas xornadas de confinamento son duras para todos, mais creo que hai moitos aspectos importantes a destacar baixo esta escuridade. Temos un tempo precioso para coñecernos mellor a nós mesmos e a aqueles que nos rodean e que viven unha situación similar a nosa, así como reflexionar sobre aquilo que xa está feito e o que faremos cando isto remate. En tempos onde viaxar e desprazarse son un desexo común, convídovos a abrir as páxinas destes fantásticos libros ou calquera dos que tedes nos vosos andeis. Viaxes intensos pola propia vida e polo noso pasado coa intención de que atopedes algo fermoso nestes tempos escuros.


- Berta Dávila, Carrusel (Galaxia, 2019)

Como proposta de narrativa para adultos recoméndovos Carrusel de Berta Dávila (Galaxia, 2019) que recibiu o prestixioso Premio García Barros en 2019. Considerado como brillante e o iluminador pola crítica e os seus lectores, Carrusel é unha das alfaias literarias publicadas o ano pasado. Actualmente é finalista na Gala do libro galego, que premia ós mellores libros publicados durante o ano pasado, na categoría de Narrativa.

Nesta novela temos como protagonista a unha escritora que decide escribir un relato autobiográfico coa intención de atoparlle sentido ó seu pasado e combater os seus medos de cara a construír dalgunha maneira unha perspectiva de futuro. Esta escritora terá que estudar o seu pasado, superar a perda, afondar na súa propia condición de enferma, na propia maternidade e analizar os seus sentimentos ó longo da historia. Unha escrita terapeutica que non garantiza un futuro sinxelo, mais na que está a propia esencia da vida.

Nesta novela temos como protagonista a unha escritora que decide escribir un relato autobiográfico coa intención de atoparlle sentido ó seu pasado e combater os seus medos de cara a construír dalgunha maneira unha perspectiva de futuro. Esta escritora terá que estudar o seu pasado, superar a perda, afondar na súa propia condición de enferma, na propia maternidade e analizar os seus sentimentos ó longo da historia. Unha escrita terapéutica que non garante un futuro sinxelo, mais na que está a propia esencia da vida.


Esta é unha novela das que costa saír, que atrapa, doe e alegra a partes iguais. Unha proposta arriscadísima polo que conta, mais brillante por como o fai. Non podo facer máis que recomendar a lectura dunha novela especial e deliciosa. Na miña opinión, é sen dúbida  algunha, o mellor libro publicado o ano pasado en lingua galega.

- Tamara Andrés, irmá paxaro (Cuarto de inverno, 2019)

Como primeira proposta poética neste ciclo de artigos convídovos a ler irmá paxaro de Tamara Andrés que xunto con Be Water de Antía Yáñez, conforman o debut da nova editora Cuarto de inverno. Un libro fermoso, visto dende calquera perspectiva, e que é finalista na Gala do libro galego en catro categorías distintas (Libro mellor editado, Poesía, Xuvenil e Libro Ilustrado)

irmá paxaro é un libro de poemas que xoga constantemente na dicotomía entre tempo e esquecemento. As relacións entre estes dous entes abstractos materialízanse na figura de dúas irmás que puideron ser elas mesmas ata que o tempo ditaminou sentenza. O texto é profundamente narrativo pese a súa disposición no papel e evidente carga lírica, e está cheo de imaxes, aparentemente cotiás, construídas e analizadas con unha ollada nostálxica e metafórica. Constitúe en si mesmo un canto a aquelo que foi, ó que se viviu con intensidade e que non se pode recuperar.

Especialmente destacable deste título é, na miña opinión, a creación dun non lugar literario onde residen todos os capítulos da vida destas dúas irmás e que, ó mesmo tempo, resulta un recipiente hermético onde capturar todos aqueles momentos e pantasmas cos que contactan as dúas irmás durante a vida. Isto converte ó texto nunha fonte constante de emocións e unha lectura imprescindible nunha época coma esta.

A elegancia formal do texto, aderezado coas incribles ilustracións de María Montes, e a calidade e profundidade dos sentimentos que nel se atopan, fan desta lectura un título moi recomendable para todos os públicos.

- María Canosa, Muriel (Xerais)

O público infantil terá tamén, como sinalaba ó comezo, un espazo propio nas miñas propostas e como primeira lectura gustaríame recomendar Muriel de María Canosa (Xerais, 2017) con ilustracións de Lucía Cobo.  Nesta historia temos como protagonista a Muriel un neno que ten dificultades para durmir porque bota de menos a súa avoa e todo o que facían xuntos, mais a súa vida muda cando coñece a un raposo de sorriso enigmático e a Fígaro. Gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil 2017, Muriel foi definida polo xurado como «unha historia sedutora, onde conta cada palabra; un canto á imperiosa necesidade da cor; unha aventura entrañable, cálida e misteriosa».

Muriel é un libro de lectura agarimosa e cálida no que a tensión narrativa e o interese non nacen do conflito, senón do descoñecemento. Tanto Muriel como ó lector embárcanse nesta orixinal aventura baixo as mesmas regras e premisas. Non é por iso casual que sexa sinxelo fundirse co personaxe nunha primeira persoa que en todo momento faise eco dos nosos intereses.

O libro estrutúrase en vintecinco capítulos de extensión desigual no que se reproduce a evolución da personaxe principal a modo de etapas no seu crecemento. Neles tamén existe espazo para presentar e explorar a historia dos secundarios como Blim ou Fígaro. Durante toda  novela os pensamentos dos personaxes teñen moito máis peso que as descricións, aínda que tamén temos retazos desta na xeografía de Cartaria.

O máis interesante da obra é o culto á figura feminina da avoa na historia. O neno sente devoción por unha figura que resposta ós seus ideais de vida. A avoa de Muriel é afouta, traballadora, boa e xenerosa. A perda desa figura lévalle a modificar os seus hábitos e mesmo a non comprender a vida da mesma maneira. Unha homenaxe moi agradecida por parte da autora á figura da avoa tanto dentro da cultura galega como na estrutura familiar tradicional.

En resumo, Muriel é un libro que amosa que debaixo dunha mesta néboa sempre hai algo cálido e inocente que convida a ilusión. Unha historia na que a amizade, o amor familiar e a necesidade de encher de cor a vida eclipsan a escuridade e o esquecemento.

 

 

(Este texto publicouse na sección de cultura do diario online Galicia Confidencial o 23 de marzo do 2020)

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Please reload

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Nombrar es reconocer que existe,

gracias y a pesar de mí.

Cuando tras mi frente genero una sílaba, 

defino, 

coloreo y cincelo, 

tal como suena tras el abdomen. 

Junto los labios para tallarlo, llenando la entrada. 

Ahogar su grito, ese dolor tras las costillas.

 

Mencionar es la primera maniobra. 

Para ello, cubriré todas las articulaciones. 

Los otros asentirán abriendo las comisuras. 

Flotará el polvo, semilla hundida. 

Maria González, en El hambre (Maclein y Parker, 2020)  (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com