Recensión: Yolanda Castaño, Profundidade de campo

01/04/2020

 

Título: Profundidade de campo

Autora: Yolanda Castaño

Editorial: Espiral Maior

ISBN: 9788496475595

Nº de páxinas: 60 páxs

 

 

XV Premio de Poesía Espiral Maior

Coido que se pensamos en poesía galega é inevitable sinalar a figura de Yolanda Castaño como unha das poetas con maior repercusión tanto dentro como fora do noso sistema literario. Poeta rebelde e dun talento excepcional publicou, entre outros moitos, Profundidade de Campo (Espiral Maior, 2007), libro polémico que hoxe comentarei e polo que recibiu o XV Premio de Poesía Espiral Maior.

 

Este poemario é un libro curioso e que sorprendeume gratamente. O texto trata moitísimos temas, mais fai fincapé no concepto de beleza como tema central. De feito, considero tamén evidente, e que non precisa un comentario extenso, que o título do poemario é unha clara referencia ó concepto da fotografía.

 

Loxicamente a beleza non é un tema novo na literatura, mais o enfoque é realmente interesante. A beleza aparece aquí como algo perigoso para a propia persoa que a posúe. O eu poético laméntase de que a súa beleza limite as súas posibilidades de ser por si mesmo, propondo continuamente o feito de se o seu interese como creador ou persoa radica só nas proporcións do seu corpo.

 

A miña beleza que manipulo,

que non outorga perdón, 

a que me agacha.

 

(Fragmento en Núcleo Central)

 

Contraín un compromiso

co lunar que me delata.

Vinganza de estirpes lúas,

preamar de filibusteiros.

¿Usar unha 36 e facer literatura? 

 

(Fragmento de Perdón)

 

 

Tema polémico o deste libro e que segundo puiden consultar noutros comentarios, afectou a visión do libro para moitos lectores e críticos. Persoalmente creo que no contido destes poemas hai moitísimas ideas moitísimo máis fortes como para limitalo a un tratado de poemas dende unha perspectiva egoísta. Temas como a posición da muller, a subxectividade, o valor do produto artístico, aquilo que hai detrás de calquera fachada, o concepto de poeta e a introdución de elementos e imaxes doutras tradicións literarias fai deste libro algo moito máis complexo do que moitos lectores indican.

 

Hai en Profundidade de Campo unha enorme crítica social e ó mundo artístico. As estruturas que o dominan son culpables da necesidade de configurar uns patróns sobre os que a valoración do traballo dos artistas reside moitas veces en trazos externos que non responden a motivos literarios. Precisamente por iso creo que a de Yolanda Castaño foi unha aposta valente e que merece unha lectura pausada por parte do lector.

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Please reload

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

 

 

 

creme

 

se desafío esta fame

é porque vivo con ela.

Regina Touceda, en deriva 

(Espiral Maior, 2020)  (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com