Laura Titimoki: "Quería aprender a ilustrar para poder contar"

11/04/2020

Chámome Laura, aínda que asino todos os meus traballos coma Titimoki. Actualmente, formándome no” Garaxe Hérmetico, escola de cómic e ilustración” onde realizo de forma simultánea o derradeiro ano do Curso profesional de Cómic e Ilustración, e o Curso de Creación literaria e ilustración.  Colaboradora no diario dixital “Pontevedra Viva” cunha viñeta de humor gráfico. Participei nalgúns concursos de escrita, onde tiven a sorte de obter algunha satisfacción, como foron o primeiro premio no concurso de “Microrrelatos de verán” organizado por Zoom Pontevedra, no año 2012, finalista no concurso de microrrelatos organizado por Amnistía Internacional en Vigo (con Agustín Fernandez Paz entre o xurado), ou por ser seleccionada e publicada nun libro recopilatorio, no concurso de “Relatos na Rúa, de Vigo Histórico” organizado pola Editorial Elvira no ano 2018, có relato “Soy Duque, pero vivo como un rey”.

 

Fotografías e texto: Cedidos pola autora

 

- Cal é o xerme de Ata 10 (Galaxia, 2020)?

 

De cativa tiña no estante da habitación, entre outros libros, algúns de Roald Dahl e Gloria Fuertes. Uns autores que hoxe en día sigo adorando. Recórdome lendo as palabras que empregaban, e parecíame incrible (ainda mo parece) o ben escollidas que estaban. Penso que eles conseguiron que me gustase a poesía e que eu quixese escribir. Despois, pasou coa ilustración, tiña a necesidade de ilustrar porque na miña cabeza formábanse as imaxes ao redor do texto, unha forma totalmente distinta de crear unha mensaxe. Quería aprender a ilustrar para poder contar. Non podería separar a palabra da imaxe, posto que moitas veces ao escribir gústame omitir datos no texto porque que xa estou argallando como o vou ilustrar despois. Penso nas dúas cousas coma un todo.

 

Estudei Educación Infantil e estiven un pequeniño tempo traballando en Escolas infantís cos cativos. Ao estar en contacto con nenos e nenas tan pequenos, tiña ganas de escribir e ilustrar  para eles. Fascíname a curiosidade dos cativos por todo o que lles rodea. Incluso algo tan pequeno coma un verme, para eles é todo un descubrimento. Ver coma eles observan por primeira vez as cousas, o valor que lle dan, ensínate moito coma adulto. Realmente en Ata 10, incluso nos primeiros bosquexos da historia, sempre tiven claro que quería que fosen personaxes que un cativo puidese interpretar facilmente, sen moitos detalles que embarullasen, e que tiña que ter un pouco dese Nonsense que eles tanto desfrutan e que a min tanto me gusta.

 

- Este é o seu primeiro libro publicado e da man dunha das editoras máis importantes do país. Supoño que era algo dificilmente imaxinable para vostede fai un tempo.

 

Si, por suposto. Son unha novata en toda regra. Con moitas ganas e moi insistente, pero novata. Agradezo moito que me desen a oportunidade de publicar con eles. É complicado meter a patiña no mundo editorial. O editor arrisca moito pondo a súa confianza nunha persoa que non saben se vai a responder, e non o sabían porque era o meu primeiro libro. Cando comecei os estudos de ilustración e creación literaria no garaxe Hermético, miraba o momento da publicación coma algo moi afastado, só podo estar contenta.

 

- Como definiría o seu proceso creativo como ilustradora? 

 

O meu proceso de traballo comeza cunha necesidade irrefreable de crear. Xa sexa escribindo unha historia ou facendo unha ilustración. Moitas veces son cousas que quedan agochadas nun caderno, pero as veces entusiásmome tanto coa idea, que teño que darlle máis e máis forma. Así naceu Ata 10. Dunha idea moi pequena, minúscula, que foi medrando pouco a pouco. 

 

Adoito comezar polos personaxes. Non é algo premeditado, senón a forma en que me sae de xeito natural. Se teño que facer unha ilustración ou unha viñeta humorística leo sobre o tema e vou facendo bosquexos có lapis ata atopar algo que me gusta e tiro dese fío. A verdade e que esta parte é moi intuitiva pero o traballo ben despois, para darlle forma a todo iso e que sexa publicable hai que ter en conta moitas cousas, buscar a paleta de cor, a técnica, ... 

Facer e desfacer. E cando pensas que xa está listo, refacer de novo.

 

- Actualmente fórmase no Garaxe Hermético, escola de cómic e ilustración. Cal é a súa valoración do traballo desta institución?

 

O mellor da escola é que os profesores son profesionais que se adican a isto e que viven disto. Saben do que falan, como facer un traballo profesional, en tempo, modo e forma e ensínannos a como facelo nós. Ademais axúdannos a manter a nosa propia voz, o noso estilo propio, e a que lle saquemos partido.

 

- Podería recomendar algún título de Banda Deseñada para ler nesta época?

 

Pois tendo en conta que acaba de ser o finamento de Uderzo, non atopo mellor opción que reler todos os Astérix e Obélix que teñades na casa nesta época estraña de confinamento pola pandemia, e non esquezades mercar os que vos falten cando todo isto remate. Encantaran a maiores e pequenos.

 

- Para rematar. Ten algún proxecto en marcha ou finalizado do que poida adiantar algo?

 

É algo que me emociona. Rematar un proxecto e moi gratificante, pero comezar un novo resúltame apaixonante. Proximamente, vai saír publicada A Infiniteca, editada por o Garaxe Hermético e a Deputación de Pontevedra. Unha recompilación de historias curtas de cómic, feitas por algúns dos alumnos do Garaxe, onde sairá a miña “Spark e Halley, canciños espaciais”. 

Como curso o derradeiro ano do “Curso profesional de Cómic e ilustración” e do “Curso de Creación literaria e ilustración”, estou facendo os proxectos finais para ambos, e compaxínoo coa publicación dunha viñeta de humor gráfico no diario dixital PontevedraViva de forma semanal, e algunha cousiña máis que aínda está collendo forma sobre a mesa.

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Please reload

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Nombrar es reconocer que existe,

gracias y a pesar de mí.

Cuando tras mi frente genero una sílaba, 

defino, 

coloreo y cincelo, 

tal como suena tras el abdomen. 

Junto los labios para tallarlo, llenando la entrada. 

Ahogar su grito, ese dolor tras las costillas.

 

Mencionar es la primera maniobra. 

Para ello, cubriré todas las articulaciones. 

Los otros asentirán abriendo las comisuras. 

Flotará el polvo, semilla hundida. 

Maria González, en El hambre (Maclein y Parker, 2020)  (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com