Recensión: Silvia Penas, Fronteira Paraíso

11/04/2020

 

Título: Fronteira Paraíso

Autora: Silvia Penas

Editorial: Urutau

Nº de páxinas: 64 páxs

Sinopse: 

 

A foto desenfocada de Paraíso non deixa fechar os ollos. Como será durmir nun un lugar que non é lugar? É un tempo, de noite? É a idelización que todas herdamos materializada nunha casa, unha fiestra, un xardín…Unha diana contra a que o propio amor dispara a matar.

Idilio terrible por impronunciable, querer traducilo a palabras e converter a experiencia da escrita en ritual. A lectura é catártica e, desde o fondo do escuro, ilumina.

O poema é gritar salvaxemente e preguntarse como domesticar a frustración, é escribir o corpo e trazar un río-límite sobre o territorio informe da vida, é «limar a lingua, limar os labios» de desespero para chegar á fronteira e desfacela.

Franquear as múltiples portas deste poemario, entregarse ás palabras, é bucear na superficie ou planear na profundidade; confrontarse coa herdanza colectiva que construíu un paraíso equivocado, «e nada máis/ e isto é moito e pouco/ e nada máis».

Sorprendente e extremadamente intenso este libro de Silvia Penas, autora que xa coñecía polo seu traballo no colectivo Cintaadhesiva é cuxo libro chegou as miñas mans nesta época de inestabilidade. É sen dúbida un libro especial que merece unha lectura interesada e cómplice e do que me gustaría sinalar as súas bondades.

 

Neste poemario Silvia Penas explora, entre outros temas, a construción da identidade a partir de bases ou lugares que moitas veces nin sequera son sólidos. Apela ó dinamismo da sociedade e estuda a memoria coa intención de buscar nela aqueles elementos estables para estudar o eu. 

 

Así era Paraíso:

unha serie de liñas simulando ceo, a casa con fiestras debuxadas,
o revestimento firme ,
vistoso;

un meniño branco, unha árbore breve, rostros nas fotos moitas fotos.

Todo era instante, todo quietude;
se me movía,
o paraíso

estaba perdido.

 

A nosa vida constrúese neses non espazos que moitas veces son intercambiables e son aquilo que nos define. Precisamente por iso moitas veces chocamos con estes muros fronteirizos e baixo situacións que non podemos controlar. Silvia Penas fai evidente estas liñas que limitan e que non podemos cruzar e constrúe uns intensos textos de fronteira nos que reflexiona sobre a nosa esencia e o concepto de pertenza.

 

Es coma unha rocha-paxaro,

algo imposible de pensarse.
O teu voo é o dun cego cara á luz: inténtalo
e loitas contra o aceite sobre o mar,
loitas contra o diñeiro
e tratas de limpar a febre
subindo a antigos barcos,
nadando sobre a liña que contén a vida
na superficie do océano.
Pero cospes no cansazo na vontade cedida no golpe xa asestado cospes
cos teus ollos delimitados
polo xefe dun imperio.
Es coma unha rocha-musgo,
duro e húmido na superficie,
pareces dócil.
Es dúas cousas
e por iso innomeable,
es moitas cousas
e por iso innomeables.

 

En resumo, o de Silvia Penas é un libro de poemas constituído por textos combativos no que reflexiona sobre a constitución do eu e o concepto de fogar. Un texto de lectura catártica. Recoméndovos ler estes textos de forma reflexiva e escoitalos aquí.

 

 

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Please reload

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

 

 

 

creme

 

se desafío esta fame

é porque vivo con ela.

Regina Touceda, en deriva 

(Espiral Maior, 2020)  (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com