Recensión: Daniel Kehlmann, A Fama. Novela en nove historias.

17/04/2020

 

Título: A Fama. Novela en nove historias.

Título orixinal: Ruhm. Ein Roman in neum.

Autor: Daniel Kehlmann

Tradución: Patricia Buján Otero

Editorial: Galaxia

ISBN: 9788498652192

Nº de páxinas: 180 páxs

Sinopse:

 

Co ritmo vivo e a habelencia narradora que xa amosara en A medición do mundo, Daniel Kehlmann compón desta volta un mosaico ledo e irónico sobre a sociedade actual.

Un actor de cinema que dubida da súa propia existencia, un riquísimo escritor de libros de aparente sabedoría que arrenega do que ensina neles, unha muller que decide morrer e decátase de que a súa vida é unha ficción inventada por outro.

Estas nove historias amosan o poder dos medios de comunicación para duplicar o mundo real e a atracción titánica que exerce a celebridade.

En 2010 recibiu o Premio Cévennes á mellor novela europea.

Se hai un autor na actualidade en Alemaña que ten un recoñecemento unánime por parte de público e crítica, ese é Daniel Kehlmann. Actualmente hai tradución ó galego de A medición do mundo (Galaxia, 2006) e A Fama. Novela en nove historias (Galaxia, 2009). Este último, que recibiu o Premio Cévennes á mellor novela europea en 2010, é obxecto deste comentario.

 

No libro temos nove historias individuais que teñen sentido completo por si mesmas, pero axudan a creación dunha historia colectiva moito máis significativa en referencia á intención última do autor. O obxectivo de Kehlmann con esta obra é sinalar que todos os individuos están interconectados mediante as novas tecnoloxías e, a partir diso, analizar o novo mundo que xorde grazas a globalización.

 

O mundo real debido a aparición destes novos medios é, segundo Kehlmann, tan complexo de definir que os seus personaxes vense na situación de non entender como funciona o mundo ou os seus obxectivos nel, polo que rematan por duplicar a súa existencia en dous mundos: antigo e novo. O novo mundo, o tecnolóxico, estráñase tanto a si mesmo que todos aqueles que viven nel non o comprenden. Todo é posible neste mundo, mesmo hai personaxes do libro que dubidan se eles mesmos son ficticios ou teñen unha vida propia.

 

Non esquece o autor xogar ironicamente co lector e cos acontecementos que se suceden durante toda a historia. Tamén realiza nela xiros bastante imprevisibles, que aportan a lectura unha parte de inestabilidade que é de agradecer, xa que permite a entrada de novos personaxes no relato ou coñecer moito mellor as reaccións noutras situacións dos personaxes previamente coñecidos.

 

Pese a que considero que hai aspectos que son demasiado repetitivos no texto, por exemplo o feito de subliñar constantemente o papel do teléfono móbil na vida dos personaxes, creo que esta novela, aínda que a globalización é hoxe un feito, propón unha análise minuciosa da sociedade perfectamente aplicable ós nosos días. Un pracer tela na nosa lingua.

 

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Please reload

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Nombrar es reconocer que existe,

gracias y a pesar de mí.

Cuando tras mi frente genero una sílaba, 

defino, 

coloreo y cincelo, 

tal como suena tras el abdomen. 

Junto los labios para tallarlo, llenando la entrada. 

Ahogar su grito, ese dolor tras las costillas.

 

Mencionar es la primera maniobra. 

Para ello, cubriré todas las articulaciones. 

Los otros asentirán abriendo las comisuras. 

Flotará el polvo, semilla hundida. 

Maria González, en El hambre (Maclein y Parker, 2020)  (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com