Recensión: Herba abraiada. Poemas de Emily Dickinson (Escolma e Tradución de Marta Dahlgren e Manuel Forcadela)

20/04/2020

 

Título: Herba abraiada. Poemas de Emily Dickinson.

Autora: Emily Dickinson

Escolma e Tradución: Marta Dahlgren e Manuel Forcadela

Tradución do inglés

Editorial: Rinoceronte

ISBN: 9788417388218

Nº de páxinas: 214 páxs

Sinopse: 

 

Esta edición bilingüe inclúe poemas de todas as épocas de Emily Dickinson. A poeta tivo uns anos de grande actividade creadora entre 1860 e 1864, e os seus poemas máis coñecidos, presentes en todas as escolmas, e máis traducidos, son destes anos.

Nesta selección aparecen os poemas máis representativos das distintas fases da súa vida, incluíndo os derradeiros anos, cando a súa obra se torna máis depurada e de difícil interpretación.

Coido que o traballo dos tradutores é un dos máis complicados que pode existir. Xa non so pola dificultade do traballo en si, senón pola responsabilidade que ten verter na lingua propia algúns dos textos máis importantes da historia da literatura. Traballos como estes coñecen de sobra Marta Dahlgren e Manuel Forcadela, mais teño a sensación de que este tivo que ser máis complexo do habitual.

 

Rinoceronte publica esta escolma de poemas de Emily Dickinson nun formato bilingüe e cun estupendo prólogo onde hai comentarios sobre a escolla e criterios de tradución do texto. Nel deixan moi claro que o criterio é o de manter o ritmo dos poemas, pese a que iso supoña moitas veces perder a rima ou perder a equivalencia de significado nos poemas. Coido que é unha elección axeitada, porque esta antoloxía está dirixida ós lectores que buscan a esencia dos poemas de Dickinson e que non van traballar con eles de forma académica, é dicir, atendendo a cuestións tipográficas e métricas. De todos modos os poemas na lingua orixinal atópanse sempre a esquerda do poema traducido, por se o lector quere consultalos.

 

Respecto da selección e orde dos poemas no libro, eu considero sempre ideal que esta responda a criterios cronolóxicos e non temáticos ou estruturais. Isto permite que o lector sexa consciente da evolución temática e literaria dende os primeiros poemas que escribiu a autora ata os derradeiros e, a súa vez, fai posible unha viaxe no tempo que permite estudar as preocupacións do eu poético. Así que a súa escolla tamén é correcta.

 

Considero bastante adecuada esta antoloxía para achegarse á poesía de Emily Dickinson dende o punto de vista dun lector común que non coñece a súa obra. Necesario é tamén ler o prólogo deste volume, pois é un exercicio honesto de valoración dos criterios de tradución e edición desta antoloxía.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Please reload

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

 

 

 

creme

 

se desafío esta fame

é porque vivo con ela.

Regina Touceda, en deriva 

(Espiral Maior, 2020)  (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com