Joshua Mateo: "A miña nai era unha muller loitadora, adiantada o seu tempo, capaz de sacar sorrisos nos peores e mellores momentos"

12/05/2020

Sesé nace o 26 de decembro de 1965, no seo dunha familia traballadora de valores republicanos na parroquia de Chapela, concello de Redondela. Dende nova amosa a necesidade de tomar partido e comprometerse na loita pola xustiza social. Interrompe os seus estudos de Bacharelato no ano 83, casa e viaxa a Venezuela. Neste país colabora na agrupación sociocultural "Rabo de nube", vencellada ao movemento muralista suramericano, inspirado durante estes anos polo pintor surrealista chileno Roberto Matta. A agrupación na que colabora Sesé coordínase con estudantes da Frente Patriótica Manuel Rodríguez e coa Brigada Ramona Parra, moi activas na denuncia da represión en Chile.

Durante estes anos en Venezuela ten dous fillos, Lucía e Joshua, e abre varios negocios ligados á contra-cultura: un deles unha tenda de música. A través da correspondencia mantida coa súa amiga Cármen Arias, Sesé relata a desesperación da xente nunha Venezuela en absoluto declive pola corrupción das oligarquías, a brutal inflación, o desabastecimento e o abismo entre clases.

No ano 1993 volta a Chapela coas crianzas, xa separada e para ficar. Intégrase na Coordinadora Feminista Donicela, onde participa en varios proxectos como o Encontro Internacional de Córdoba e o de Vigo. Sempre activa, traballa tamén na recén creada Marcha Mundial das Mulleres.

Posicionada como muller feminista, loita polo dereito ao divorcio, polo dereito ao aborto, por ocupar os espazos públicos e polo dereito a vivir sen violencia. Estes foron os grandes retos daqueles primeiros anos. En Vigo entra en contacto co movemento polo dereito a teito, pasando a formar parte do Centro Social Ocupado e Autoxestionado da Ruela de Núñez, onde realiza un vídeo documental que recolle a actividade deste colectivo.

A finais dos 90 involúcrase en diferentes intervencións arqueolóxicas (xacemento romano da rúa Marqués de Valadares de Vigo ou Necrópole Megalítica da Mámoa do Rei de Redondela, entre outras), converténdose nunha participante moi activa. A raíz da súa experiencia no sector, colabora con entidades para a recuperación da memoria histórica e participa no levantamento da foxa común do seu avó materno, Perfecto Méndez Pastoriza, republicano fusilado canda outros en Xinzo, Ponteareas.

En novembro de 2002, logo dunha incompetente xestión da dereita política, prodúcese o naufraxio do Prestige e 77.000 toneladas de fuel son espalladas ao longo da costa galega. Nace o movemento “Nunca Máis” do que Sesé fai parte, na indignación na rúa, no voluntariado e no activismo artístico, coa creación dunha escultura xigante en forma de gaivota contaminada que voará até a grande manifestación galega en Madrid.

No 2003 os EEUU bombardean Iraq, nunha guerra na que España participa. A intervención militar produce 500.000 mortes, na súa maioría poboación civil. En Vigo, da man da Cova dos ratos (Asociación Cultural Caleidoskopio), instálase o Acampamento Civil contra a Guerra Imperialista, con infinidade de actividades culturais e de denuncia na rúa onde contamos de novo co seu impulso.

Nesta época, afiliada e militante do sindicato CGT, participa en case todas as manifestacións tanto laborais como sociais.

No ano 2004 a CGT Vigo trae a Dolores Villabobos Cuamatzi, activista do Consejo Indígena Popular de Oaxaca “Ricardo Flores Magón”, que participou na Feira Internacional Feminista, que organiza en Vigo a Marcha Mundial das Mulleres, os días 22 e 23 de maio.

A raíz desta visita e coa sensibilidade e cercanía de Sesé cara a problemática indíxena, que sufrían unha dura represión en México, é socia fundadora do GAIM (Grupo de Apoio @s Indíxenas Magonistas). Con este grupo sempre saiu á rúa os 12 de outubro para reivindicar a loita indíxena en fronte ao concepto de hispanidade. Tamén a Festa da Arribada, en Baiona, coñeceu as súas proclamas. O movemento indíxena de Oaxaca, de inspiración anarquista, era descoñecido aquí e Sesé organiza palestras en escolas e institutos como o IES Chapela para visibilizalo.

No 2006 comeza a traballar en Pescanova, onde é elixida delegada sindical pola Confederación Intersindical Galega. Nesta etapa loita xunto coas compañeiras e compañeiros por un convenio xusto e condicións dignas, destacando pola súa grande capacidade de pensar sempre no colectivo.

No ano 2007 nace o pequeno Igor, o terceiro fillo de Sesé, e redescubre o pracer de ser nai e, de novo, poder educar no amor á xustiza e na loita para defendela.

Mentres continúa a traballar en Pescanova sofre diversos problemas de costas que vai superando despois de varias operacións. E sobrevenlle un cancro de mama que fai que a súa saúde empeore notabelmente debido aos tratamentos mais que, finalmente, tamén consegue superar.

Despois de Sesé ter posto punto final á súa última relación de parella e cando parecía xa terse liberado de todo mal, el asasinouna nun acto de terrorismo machista. Foi o día 20 de febreiro de 2017. Tiña 52 anos.

 

Texto: Biografía de Sesé Mateo. Joshu Mateo

Fotografías: Cedidas polo entrevistado

 

- Comecemos cunha pregunta complexa. Se tiveses que describir a túa nai cunha frase, cal sería?

 

A verdade que esta é unha pregunta complexa. Unha muller loitadora, adiantada o seu tempo, capaz de sacar sorrisos nos peores e mellores momentos.

 

 

- Cales eran as lecturas de cabeceira da túa nai?

 

Almudena Grande, Amy Tan, Camila Läckberg, David Lagercrantz, Gabriel Garcia Marquez, Isabel Allende, Jorge M Reverte, Kate Morton, Ken Follet, Matilde Asensi, Noah Gordon, Nora Roberts, Pablo Neruda, Rosalía De Castro, Stieg Larsson... Entre outros escritorxs. Dous anos antes do asasinato polo seu aniversario tivo de regalo un e-book, xa que pola operación do cancro de mama para ela moito mais cómodo de levar e ler.

 

 

- Sabías que a túa nai escribía ou foi unha sorpresa para ti atopar ese caderno?

 

A verdade que algo sabiamos, pero respectabamos a súa intimidade e os seus escritos. Sempre tiña un agasallo, este exemplar de El abuelo que saltó por la ventana y se largó de Jonas Jonasson xa levaba unha dedicatoria que xa permitía comprender como escribía.

 

“Este libro, no te va a cambiar tu vida; pero te unira más a mi.

Leer, es un acto de amor y reflexión con uno mismo, es como si

meditar, estar en silencio y escuchar otras voces.

Te ama tu madre Sesé.”

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

- Dende que o atopaches, sempre tiveches claro a necesidade de publicar eses textos?

 

A verdade que era unha especie de soño poder publicar o libro, como una especie de agasallo para a nosa familia e amigos, pero cando o grupo de mulleres contactaron comigo para traballar na publicación real do libro, non o dubidei.

 

Galerías con algúns dos textos e poemas do libro na súa versión manuscrita orixinal.

 

- Do libro vendéronse moitas copias e na súa promoción participaron moitas persoas do eido cultural. Sorprendeulle o recibimento do proxecto por parte do público?

 

Si, nunca pensas no resultado, sobre todo nun proxecto tan importante para nosa familia. A resposta por parte da prensa foi masiva, tamén grazas a todas aquelas personas do eido cultural, a todos os amigxs da familia Mateo e ao pobo de Redondela. En xeral, grazas a todas as persoas que creron en Sesé.

Algunhas imaxes de eventos para presentar o libro en varias cidades. (Fotografías cedidas polo entrevistado) 

 

 

- Se tiveses que quedarte cun texto do libro. Cal sería?

 

Despois de traballar casi dous anos cos textos, poemas e ilustracións e co proxecto, teño todos na mente e sempre teño o libro preto. Podemos dicir que este libro esta aquí grazas a ler uns dos poemas de Sesé no concerto que se organizou para recadar cartos para arranxar a casa despois da explosión.

 

Me mutilaron un pecho
y después de las salas blancas
y después del silencio y el miedo,
me creció el cuerpo.
Mis dedos se alargaron como espigas doradas.
Es así como con estas manos de pan
alimento mi cuerpo,
y con ellas lucho, me río, me defiendo:
construyo lo venidero.
Mis piernas se hicieron fuertes
pero suaves como los besos
y sostienen mi peso en el camino del viento.
En mis brazos ahora caben más cuerpos,
mis hijos y mis nietos se me hunden en ellos
y mis brazos se agrandan para recogerlos
como si fueran flores de pétalos de mi sangre,
de raíces entrelazadas en la misma siembra.
Mis ojos se abren al amanecer hambrientos de mar y besos, de caminar con los pasos de los míos,
que no tienen miedo y van hacia la vida
como semillas a los vientos,
libres y felices como niñ@s pequeños.
Mi boca está llena de palabras
para construir la vida de nuevo,
la misma que quiero.
Y mis pechos son más hermosos
porque no se rindieron
y esperan caricias y amor,
abrazos y besos.
Y detrás mi corazón rojo como mis sueños
de todo para todos,
de futuros buenos.

 

Sesé Mateo. 2017

 

 

A poeta Míriam Ferradáns recita un dos poemas do libro. (Fonte: Youtube)

 

 

- Para rematar. Onde poden os lectores conseguir un exemplar do libro?

 

Quedan sobre 100 exemplares, e a forma de conseguir o teu exemplar e poñerse en contacto no telefono 722 515 065, e-mail: sese@sesemateo.es ou nas nosas RRSS.

 

O prezo do exemplar e de 10€ en concepto de doazón que son ingresados integramente ao numero de conta que habilitou Fundación Mujeres.

 

A forma de pago e través de transferencia na conta:

 

Nº CUENTA: ES89 0049 6598 1327 1008 4240 (Banco Santander)

CONCEPTO: DONACIÓN LIBRO SESÉ + NOME COMPLETO

BENEFICIARIO: FUNDACIÓN MUJERES

 

 

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Please reload

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Nombrar es reconocer que existe,

gracias y a pesar de mí.

Cuando tras mi frente genero una sílaba, 

defino, 

coloreo y cincelo, 

tal como suena tras el abdomen. 

Junto los labios para tallarlo, llenando la entrada. 

Ahogar su grito, ese dolor tras las costillas.

 

Mencionar es la primera maniobra. 

Para ello, cubriré todas las articulaciones. 

Los otros asentirán abriendo las comisuras. 

Flotará el polvo, semilla hundida. 

Maria González, en El hambre (Maclein y Parker, 2020)  (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com