Paloma Saavedra: "A pedagoxía teatral é un camiño que sigo explorando"

13/05/2020

 

Paloma Saavedra (Tui, 1988) é unha actriz todoterreo. Amante de toda disclipa artística, estudou Arte Dramático na Escola Superior de Arte Dramático de Vigo (ESAD). Traballou en producións de diversa índole (ópera, contacontos, videoclips, curtas...) e participou nas dúas series do momento en lingua galega O sabor das margaridas e Auga Seca.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Texto: Bio da autora

Fotografías: Comareacast (Autor non citado)

- Para comezar teño que agradecerte que esteas de novo no meu espazo. Fai xa 4 anos da primeira entrevista que fixemos. Que cambiou neste tempo?

 

Supoño que son máis eu mesma. Madurar artística e persoalmente. Teño menos présa e máis puntería, ou iso creo. As ideas máis claras, mais consciente das miñas limitacións a traballar e das miñas virtudes a explotar. Sobretodo agora estou máis disfrutona, máis xoguetona e máis arriscada que cando empecei nesta profesión, así que non me disgusta nada o camiño percorrido.

 

 

- Como recibiches a noticia de que participarías en O sabor das margaridas como Marta Labrada?

 

Con moita ilusión xa que aborda un tema tabú que me interesa e inqueda: a trata de mulleres para explotación sexual. E dende un punto de vista non obxectualizado, senón intentando dar resposta a que motivos levan a unha muller a estar nesa situación. Existen traballadoras sexuais por vontade propia, mais é unha minoría. Loitar polos seus dereitos é unha tarefa pendente da nosa sociedade e isto fomenta que moitas mulleres véxanse obrigadas. Entre moitos factores está a necesidade. Chamoume a atención unha frase que lin investigando sobre o tema: Unha muller adoita preferir vincularse á protitución que a dilinquir. O motivo é que así a única vítima é ela mesma e non outros. Por iso cando Ghaleb Jaber, productor, faloume da visión deste thriller quedei encantada de poder participar nel interpretando a Marta Labrada.

 

 

 

 

 

 

- Que supuxo para ti facer o papel de Silvia Galdón en Auga Seca?

 

Silvia Galdón foi unha agasallo que a equipa de Portocabo me fixo. Primeiro porque estou traballando con profesionáis que admiro, Monti Castiñeiras, Eva Fernández, Santi Romay, Tacho González e outros grandes profesionáis da escena cos que tiven a sorte de rodar. Os compañeiros son grandes mestres que teñen a xenerosidade de compartir contigo a súa visión do traballo. E segundo porque Silvia ten un arco de personaxe excepcional, e non porque lle pase de todo, que tamén, senón porque toma moitas decisións e actúa cambiando a dirección dos acontecementos. Xunto co director, Toño López, traballamos man a man para dar forma a esta personaxe clave na trama de Auga Seca. Ademáis a caracterización desta personaxe foi arriscada distanciándose máis do que eu son, outro puntiño gostoso no audiovisual.

 

 

 

- Auga Seca en HBO e O sabor das margaridas en Netflix. Isto significa moita visibilidade para o audiovisual galego e tamén para ti como actriz. Sentes algún tipo de presión?

 

Ningunha, ao contrario, estou recibindo mensaxes de espectadores de diferentes países, apreciando o meu traballo e que me transmiten canto lles gusta a serie. Éncheme de ilusión e ganas de seguir dando o mellor de mín.

 

- Se tiveses que escoller unha entre todas as personaxes que interpretaches na túa carreira ata o momento. Con cal te quedas?

 

Antígona, en "A tumba de Antígona", porque son unha namorada da traxedia grega. Antígona é unha personaxe que te invita a buscar no sentido propio, mais aló do que digan as leis ou a presión social. O corazón botándose a falar. Lembro con moito cariño esa personaxe. Aprendín moito dela. A seguir a intuición en momentos de confusión.

 

 

- O ano pasado participaches tamén na curta Os prexuízos da auga. Como valoras a experiencia?

 

Os prexuizos da auga é unha curta que ten moito do seu director. Santos Díaz, ten unha linguaxe persoal e poética. Afacerme a ela, entendela e trasladala á interpretación foi a miña prioridade. O equipo era estupendo e aínda que rodamos pouco tempo xuntos tratáronme de luxo. Repetiría encantada, son un equipazo e para mín era a primeira vez que travallaba con grandes profesionáis con Xosé Barato ou Lucía C. Pan.

 

- Agora o audiovisual supoño que leva gran parte do teu tempo, mais supoño que estarás traballando tamén nalgún proxecto teatral…

 

A pedagoxía teatral é un camiño que sigo explorando e no que sigo formándome. Comecei como becaria en Paris, formándome e traballando con Enrique Pardo e Linda Wise en performance teatral e vocal. Agora mesmo preparo os próximos encontros pero nesta situación está todo no aire. Intentando continuar a nivel teórico máis ca práctico. Todo chegará.

 

- Para finalizar. Tes algún proxecto ou traballo en marcha do que poidas adiantar algo?

 

En teatro sigo a colaborar con varios compañeros nos seus procesos creativos como axudante de dirección. No audiovisual hai cousiñas no aire pero nada tanxible xa que a situación social na que estamos estancou moitas producións. A partir de agora a miña vai ser unha profesión de alto risco. Non é como traballar nunha oficina na que é posible gardar as distancias de seguridade e utilizar unha mascarilla. A incerteza laboral é algo co que tódas as actrices lidiamos e agora está máis agudizada ca nunca. Inventar novas formas de futuro e loitar polos nosos dereitos laboráis é máis necesario ca nunca.

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Please reload

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Nombrar es reconocer que existe,

gracias y a pesar de mí.

Cuando tras mi frente genero una sílaba, 

defino, 

coloreo y cincelo, 

tal como suena tras el abdomen. 

Junto los labios para tallarlo, llenando la entrada. 

Ahogar su grito, ese dolor tras las costillas.

 

Mencionar es la primera maniobra. 

Para ello, cubriré todas las articulaciones. 

Los otros asentirán abriendo las comisuras. 

Flotará el polvo, semilla hundida. 

Maria González, en El hambre (Maclein y Parker, 2020)  (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com