Recensión: Iria Pinheiro e María Lado, Uralita

13/05/2020

 

Título: Uralita

Autoras: Iria Pinheiro e María Lado

Editorial: Cuarto de inverno

ISBN: 9788412160406

Nº de páxinas: 88 páxs

Sinopse:

 

A actriz Iria Pinheiro e mais a poeta María Lado, nun proceso de escrita vivo, impúdico e singular déixanse levar polo ímpeto da transmisión oral para que as verbas se transformen nun xeito rabudo de atopar o lugar de pertenza, nun retrato dunha Galiza periurbana que habitan ambas as dúas para agasallarnos con este ser salvaxe que lles naceu e que non quixeron domesticar.

Coido que os traballos a catro mans son, en moitos casos, unha guerra de egos onde imponse un estilo completamente heteroxéneo e errático no que ambos "eu" berran por chamar a atención do lector. Este Uralita de Iria Pinheiro e María Lado é, sen embargo, un exemplo do contrario. Unha sorte de converxencia artística que tece un texto no que se analiza a realidade dende unha posición crítica.

 

Neste pais de cherokees expulsados do

seu territorio a natureza está tan intervida que nos

solpores sempre hai farolas estorbando. Os cables

da luz hai que incorporalos ao cadro porque
están ahí. As familias viven abrigadas debaixo

das torretas de alta tensión. Son os guerreiros
do Siam, vixian a comunidade que vive ao seu

abeiro.

 

Neste libro converxen dúas concepcións da arte distintas pero que combínanse a perfección para acadar un excelente produto literario. Por un lado hai nos textos de Uralita unha base poética, unha ollada cómplice cara á estrutura e a metáfora, sen renunciar a erixir os seus textos como poesía combativa, mais tamén temos a intensidade teatral da performance, da acción poética e, incluso, elementos dialogados propios do slam poetry.

 

Que publico temos hoxe?
Sodes dos que entenden ou non?
Fagamos deste momento un momento jodorosky. Imos facer unha liberación comunal.
Quero que vos levantedes agora mesmo e berredes a verdade: non entendecedes nada. Erguédevos e berrade
Non entendo nada Non entendo Non entendo esta puta peli
NON ENTENDO NADA NON ENTENDO NON ENTENDO ESTA PUTA PELI
Tampouco entendes as películas do deserto.
NON ENTENDES NADA

[...]

 

Os berros e a crítica social xorden paralelos a un relato da Galicia (peri)urbana e daqueles que "eran parte da terra" plasmado no papel cunha linguaxe poética exaltada, moderna e rebelde. 

 

[...]

Algunhas mulleres namoraron deses raptores

porque non eran brutos da cidade, eran xentes

que amaban a terra. Aínda que fose unha terra

violada, chingada polos colonizadores

"el gallego no lo hablo pero lo entiendo"
Somos fillos do colonialismo que atravesou coas

frechas das festas as nosas mulleres, os
nosos costumes a nosa cultura.
A avoa cherokee entronca con todo iso, vale cen

euros.
É uralita, é a filla da gran chingada.

 

Imprescindible é, porén, ler o limiar de Iria Pinheiro e o epílogo de María Lado, dous textos que relatan o proceso creativo do texto e capturan a esencia da obra, construíndo unha sorte de refuxio para os textos que este libro contén. Agardemos que no futuro teñamos deste tándem moitas máis obras de calidade semellante.

 

 

 

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Please reload

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

 

 

 

creme

 

se desafío esta fame

é porque vivo con ela.

Regina Touceda, en deriva 

(Espiral Maior, 2020)  (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com