Paloma Saavedra: "A pedagoxía teatral é un camiño que sigo explorando"


Paloma Saavedra (Tui, 1988) é unha actriz todoterreo. Amante de toda disclipa artística, estudou Arte Dramático na Escola Superior de Arte Dramático de Vigo (ESAD). Traballou en producións de diversa índole (ópera, contacontos, videoclips, curtas...) e participou nas dúas series do momento en lingua galega O sabor das margaridas e Auga Seca.












Texto: Bio da autora

Fotografías: Comareacast (Autor non citado)

- Para comezar teño que agradecerte que esteas de novo no meu espazo. Fai xa 4 anos da primeira entrevista que fixemos. Que cambiou neste tempo?


Supoño que son máis eu mesma. Madurar artística e persoalmente. Teño menos présa e máis puntería, ou iso creo. As ideas máis claras, mais consciente das miñas limitacións a traballar e das miñas virtudes a explotar. Sobretodo agora estou máis disfrutona, máis xoguetona e máis arriscada que cando empecei nesta profesión, así que non me disgusta nada o camiño percorrido.



- Como recibiches a noticia de que participarías en O sabor das margaridas como Marta Labrada?

Con moita ilusión xa que aborda un tema tabú que me interesa e inqueda: a trata de mulleres para explotación sexual. E dende un punto de vista non obxectualizado, senón intentando dar resposta a que motivos levan a unha muller a estar nesa situación. Existen traballadoras sexuais por vontade propia, mais é unha minoría. Loitar polos seus dereitos é unha tarefa pendente da nosa sociedade e isto fomenta que moitas mulleres véxanse obrigadas. Entre moitos factores está a necesidade. Chamoume a atención unha frase que lin investigando sobre o tema: Unha muller adoita preferir vincularse á protitución que a dilinquir. O motivo é que así a única vítima é ela mesma e non outros. Por iso cando Ghaleb Jaber, productor, faloume da visión deste thriller quedei encantada de poder participar nel interpretando a Marta Labrada.







- Que supuxo para ti facer o papel de Silvia Galdón en Auga Seca?


Silvia Galdón foi unha agasallo que a equipa de Portocabo me fixo. Primeiro porque estou traballando con profesionáis que admiro, Monti Castiñeiras, Eva Fernández, Santi Romay, Tacho González e outros grandes profesionáis da escena cos que tiven a sorte de rodar. Os compañeiros son grandes mestres que teñen a xenerosidade de compartir contigo a súa visión do traballo. E segundo porque Silvia ten un arco de personaxe excepcional, e non porque lle pase de todo, que tamén, senón porque toma moitas decisións e actúa cambiando a dirección dos acontecementos. Xunto co director, Toño López, traballamos man a man para dar forma a esta personaxe clave na trama de Auga Seca. Ademáis a caracterización desta personaxe foi arriscada distanciándose máis do que eu son, outro puntiño gostoso no audiovisual.



- Auga Seca en HBO e O sabor das margaridas en Netflix. Isto significa moita visibilidade para o audiovisual galego e tamén para ti como actriz. Sentes algún tipo de presión?


Ningunha, ao contrario, estou recibindo mensaxes de espectadores de diferentes países, apreciando o meu traballo e que me transmiten canto lles gusta a serie. Éncheme de ilusión e ganas de seguir dando o mellor de mín.


- Se tiveses que escoller unha entre todas as personaxes que interpretaches na túa carreira ata o momento. Con cal te quedas?


Antígona, en "A tumba de Antígona", porque son unha namorada da traxedia grega. Antígona é unha personaxe que te invita a buscar no sentido propio, mais aló do que digan as leis ou a presión social. O corazón botándose a falar. Lembro con moito cariño esa personaxe. Aprendín moito dela. A seguir a intuición en momentos de confusión.


- O ano pasado participaches tamén na curta Os prexuízos da auga. Como valoras a experiencia?


Os prexuizos da auga é unha curta que ten moito do seu director. Santos Díaz, ten unha linguaxe persoal e poética. Afacerme a ela, entendela e trasladala á interpretación foi a miña prioridade. O equipo era estupendo e aínda que rodamos pouco tempo xuntos tratáronme de luxo. Repetiría encantada, son un equipazo e para mín era a primeira vez que travallaba con grandes profesionáis con Xosé Barato ou Lucía C. Pan.


- Agora o audiovisual supoño que leva gran parte do teu tempo, mais supoño que estarás traballando tamén nalgún proxecto teatral…


A pedagoxía teatral é un camiño que sigo explorando e no que sigo formándome. Comecei como becaria en Paris, formándome e traballando con Enrique Pardo e Linda Wise en performance teatral e vocal. Agora mesmo preparo os próximos encontros pero nesta situación está todo no aire. Intentando continuar a nivel teórico máis ca práctico. Todo chegará.


- Para finalizar. Tes algún proxecto ou traballo en marcha do que poidas adiantar algo?


En teatro sigo a colaborar con varios compañeros nos seus procesos creativos como axudante de dirección. No audiovisual hai cousiñas no aire pero nada tanxible xa que a situación social na que estamos estancou moitas producións. A partir de agora a miña vai ser unha profesión de alto risco. Non é como traballar nunha oficina na que é posible gardar as distancias de seguridade e utilizar unha mascarilla. A incerteza laboral é algo co que tódas as actrices lidiamos e agora está máis agudizada ca nunca. Inventar novas formas de futuro e loitar polos nosos dereitos laboráis é máis necesario ca nunca.

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

 

 

 

creme

 

se desafío esta fame

é porque vivo con ela.

Regina Touceda, en deriva 

(Espiral Maior, 2020)  (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com