Recensión: Emma Pedreira, As fauces feroces

16/05/2020

 

Título: As fauces feroces

Autora: Emma Pedreira

Editorial: Baía Edicións

ISBN: 9788499953199

Nº de páxinas: 128 páxs

Sinopse:

 

Todo é cuestión de posicións. E de preposicións. Ela escribe contra a súa nai, entre a culpa e a vitimización e Elsa faino sobre a súa relación con alguén que pasou fugaz mais deixou ruínas ao seu paso. Benedetta próstrase ante Bartolomea e esta acouga canda o corpo da monxa compañeira.  A través dos séculos que as afastan, as catro mulleres –e unhas quinta e sexta que se intúen–, compoñen un tapiz reflexivo sobre a maternidade, a sexualidade, a diversidade nos afectos e o libre albedrío. Unha composición feroz e íntima, desde o interior de catro mulleres que falan entre elas e sobre elas como o farían consigo mesmas, para procurarse. 

 

Entre a ficción e a realidade histórica, As fauces feroces enlaza unha reflexión actual sobre a relación nai-filla co histórico proceso á monxa italiana Benedetta Carlini durante a Contrarreforma.

Coido que algúns libros chegan para converterse en imprescindibles lecturas en momentos nos que a súa importancia non se podería imaxinar. As fauces feroces de Emma Pedreira é un deses libros nos que a maxia da palabra escrita e a intensidade dos sentimentos que contén, fai desta unha lectura imprescindible na que se reflexiona sobre temas de importancia para a constitución do propio "eu".

 

Ó comezo da obra atopamos un prólogo de Eli Ríos no que xa se nos avisa de que o que estamos a punto de ler é unha historia que nos interpela a todos e na que debemos "seguir as instrucións coas que nos agasalla a autora para xogar a interpretar palabras coa lingua corporal". Non pode ser máis acertado o seu texto en relación co que esta obra contén.

 

Neste texto temos unha relación nai-filla analizada dende distintos puntos de vista e, paralelamente, o proceso á Benedetta Carlini durante a Contrarreforma. Estas dúas historias relaciónanse ente si e serven de base sobre a que as personaxes reflexionan sobre a sexualidade, a liberdade nas escollas, a identidade e a maternidade. Estas historias de mulleres de distintas épocas presentan ideas, realidades e incertezas que a autora debulla perfectamente.

 

Non sei se podedes notar que evitei xa moitas veces empregar a palabra novela neste comentario. A verdade é que para min esta non é unha novela, como pouco son dúas novelas. Hai moito de experimentación no texto, tanto que moitas veces estrañase a si mesmo. Ademais esta obra ten unha carga poética tan marcada e intensa que amplía os horizontes da miña lectura de maneira exponencial. Este é un libro total, como tamén o é o seu Besta do seu sangre. Libros nos que o talento desta autora é tan puro que as etiquetas son un lastre para a súa lectura. 

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Please reload

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Nombrar es reconocer que existe,

gracias y a pesar de mí.

Cuando tras mi frente genero una sílaba, 

defino, 

coloreo y cincelo, 

tal como suena tras el abdomen. 

Junto los labios para tallarlo, llenando la entrada. 

Ahogar su grito, ese dolor tras las costillas.

 

Mencionar es la primera maniobra. 

Para ello, cubriré todas las articulaciones. 

Los otros asentirán abriendo las comisuras. 

Flotará el polvo, semilla hundida. 

Maria González, en El hambre (Maclein y Parker, 2020)  (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com