Teatro na casa: "Guerra de identidade", de Déborah Vukušić (Balea Cultural, 22/05/2020)

22/05/2020

Nos últimos días moitos pregúntanse na casa, comestos pola ansiedade, quen son e que fan da súa vida. De feito, moita xente sinalou ó longo desta corentena que esta situación axudoulle a sentarse e ter unha conversa necesaria consigo mesma. Non pretendo con isto romantizar un dos feitos máis tráxicos da nosa historia recente, mais considero que é certo que ter unha vez esa conversa na vida é imprescindible para realizarse.

 

A interpretación precisa de interiorizar o diálogo cun mesmo para transmitir verdade e intensidade. O teatro é, entre outras cousas por isto, case inseparable da vida. Por iso non debe desaparecer. Arthur Miller sinalaba que “O teatro non pode desaparecer porque é a único arte onde a humanidade confróntase consigo mesma”. Precisamente por isto, traio unha proposta onde esta máxima exprésase claramente: Guerra de Identidade, de Déborah Vukušić.

 

O espectáculo Guerra de Identidade de Déborah Vukušić xorde do seu poemario “Guerra de Identidad” publicado nun primeiro momento por Baile del Sol e que recentemente reeditouse en Delirio editorial. Dirixido por Avelino González, este espectáculo resulta un exercicio de introspección tan intenso que é imposible separar o vital do teatral.

 

 

Nun escenario completamente baleiro, a excepción duns elementos anecdóticos, Déborah Vukušić desdóbrase en diversas identidades que conforma finalmente un eu poliédrico e complexo onde interveñen tamén outras voces e feitos alleos, todos representados pola actriz. Non é necesario todo un aparato escénico nin moitos actores en escena para transmitir verdade.

 

A infancia é o punto de partida da vida é tamén o momento inicial do proceso de constitución do eu. A ausencia do pai e os seus conflitos atrapan a unha nena nun conflito que non entende e que descoñece a estabilidade familiar. Unha nena que é “dúas metades,” que “perdeu a inocencia” e que carece da axuda necesaria para xuntalas, feito que afecta a súa adolescencia e que tamén o fai no futuro. O final da peza é a exemplificación perfecta do final dun proceso de introspección: desesperación, explosión, calma e “festa“.

 

O vermello e o branco son as cores da bandeira croata, mais tamén as cores do sangue e da inocencia. Da violencia e da pureza. Da Guerra e da Paz. A dualidade e a proporcionalidade son, por tanto, unha constante no espectáculo e o xesto e o movementos as armas máis efectiva da intérprete para construír as distintas realidades. Engadimos a isto a presencia dun humor propio do impulso, da sensación voluntaria do diálogo co público, da (con)vivencia e non do papel.

 

En resumo, Guerra de Identidade é un proceso de (de)construción do eu. O resultado dun proceso de auto-análise feito público e materia teatral. Un espectáculo no que Déborah Vukušić non so se ispe completamente no escenario senón que transmite o potencial artístico da súa poesía e o seu traballo actoral. Un espectáculo que non acepta a indiferenza.

 

 

(Este artigo publicouse na revista cultural Balea Cultural o 22 de Maio de 2020)

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Please reload

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Nombrar es reconocer que existe,

gracias y a pesar de mí.

Cuando tras mi frente genero una sílaba, 

defino, 

coloreo y cincelo, 

tal como suena tras el abdomen. 

Junto los labios para tallarlo, llenando la entrada. 

Ahogar su grito, ese dolor tras las costillas.

 

Mencionar es la primera maniobra. 

Para ello, cubriré todas las articulaciones. 

Los otros asentirán abriendo las comisuras. 

Flotará el polvo, semilla hundida. 

Maria González, en El hambre (Maclein y Parker, 2020)  (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com