Recensión: Daniel Ugarte, O coala

28/05/2020

 

Título: O coala

Autor: Daniel Ugarte

Editorial: Do Peirao

ISBN: 9788417393724

Nº de páxinas: 306 páxs

Sinopse:

 

Thomas Reed, un mozo galés afeccionado á música de R.E.M. e á Wikipedia, trasládase coa súa familia a Galicia para traballar como profesor de inglés nun colexio privado de Santiago de Compostela. Será alí testemuña dun acontecemento que crebará a convivencia dunha sociedade galega en tempos de crise: a misteriosa aparición dun coala nunha antiga carballeira, transformada agora en eucaliptal. Trátase dunha fantasía, descontrolada, sobre a inevitabilidade de que os lugares que sentimos coma propios muden. Dunha chamada á acción, para que fagamos que as cousas sexan, non como unha vez foron, senón coma nós queiramos construílas.

Un dos efectos máis interesantes que experimentan os emigrantes é que descobren, por mediación da adopción dunha nova lingua ou cultura, que a súa forma de ver o mundo non é universal. Sen embargo, para aqueles que non abandonan nunca o seu lugar de nacemento, aceptar calquera cambio no seu modo de vida supón unha transición complexa. Pensade agora que un feito curioso, como a aparición dun ser fóra do seu hábitat natural, fai que aquilo que críamos inmóbil percorra un proceso de estrañamento que o fai irrecoñecible. Atoparemos este e outros temas se lemos O Coala, o debut de Daniel Ugarte como narrador.

 

O comezo desta obra resulta un pouco caótico. Temos moitísima información de distintos aspectos da vida dos personaxes e información de eidos tan "diversos" como a política, baloncesto, historia de Gales ou a música. Moitas veces esa información resulta interesante, pero a súa extensión e relevancia non está sempre en consonancia coa construción do ambiente ou das psicoloxías dos personaxes. Ese vicio, propio da necesidade imperiosa de crear unha atmosfera concreta e chea de detalles, desaparece co paso das páxinas, polo que non penaliza en exceso á novela.

 

Grazas á aparición do coala, esta obra pasa a ser unha sorte de novela social, delirante e con bastante contido humorístico e satírico na que percorremos moitos lugares da xeografía galega e, ó mesmo tempo, analizamos desde distintas perspectivas a mesma realidade. Sen dúbida é unha novela para lectores espertos que busquen un retrato intelixente da nosa sociedade e tradicións.

 

Respecto ó estilo, o único aspecto criticable negativamente é a cantidade de estranxeirismos que ten o texto. É certo que aparecen todos ben sinalados con cursiva e existe un apéndice coa tradución dos distintos termos, pero a acumulación dos mesmos resulta excesiva existindo outros métodos para recrear realidades lingüísticas diversas. Malia todo, a decisión de introducilos tamén é lexítima debido á temática da novela e a diversidade de linguas que se empregan nela. 

 

En resumo, O Coala é unha novela que crece co paso das páxinas e na que o autor convida a (re)construír a nosa realidade. Unha boa proposta que agardo que non sexa a derradeira.

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Please reload

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Nombrar es reconocer que existe,

gracias y a pesar de mí.

Cuando tras mi frente genero una sílaba, 

defino, 

coloreo y cincelo, 

tal como suena tras el abdomen. 

Junto los labios para tallarlo, llenando la entrada. 

Ahogar su grito, ese dolor tras las costillas.

 

Mencionar es la primera maniobra. 

Para ello, cubriré todas las articulaciones. 

Los otros asentirán abriendo las comisuras. 

Flotará el polvo, semilla hundida. 

Maria González, en El hambre (Maclein y Parker, 2020)  (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com