Teatro na casa: "Garage", de Voadora (Balea Cultural, 10/06/2020)

10/06/2020

Entre as moitas compañías galegas que fixeron públicas gravacións dos seus espectáculos teatrais tamén se atopa Voadora. Trátase dunha das compañías con maior proxección nacional e internacional da nosa terra, que coa iniciativa “Voadora no sofá” axudaron a soportar o confinamento a moitas familias. Ademais na véspera e no día das letras galegas tamén tivemos o pracer de ver a súa montaxe operística A Amensia de Clío na TVG.

 

Voadora sempre é sinónimo de espectáculo. Non hai ningunha montaxe desta compañía que transmita indiferenza ó espectador. O signo de identidade de Voadora e, en xeral, das obras dirixidas por Marta Pazos é o afán ruturista, a reflexión sobre os límites e a “esquizofrenia” escénica. Garage non ía ser cousa distinta.

 

 

Garage non é unha peza teatral clásica, tampouco un documental, nin unha performance. Os espectadores presencian un obxecto orgánico, con testemuñas reais, sen discursos  clara e estritamente guionizados e cun obxectivo claro, reivindicar a desigualdade laboral das mulleres no ámbito das fábricas de automóbiles e, por extensión, en todos os sectores  económicos. Esta intención microhistórica é clara dende o comezo da peza, na que colocan ás traballadoras reais dunha fábrica de automóviles (agora actrices) simulando representar os barrios da cidade de onde proveñen, sendo o fío condutor o seu traballo na fábrica.

 

 

Este espectáculo cargado de ideais non pretende ser unha mensaxe sinxela. Este Garage propón unha clara perspectiva bidimensional ó espectador: ese lugar onde as mulleres son recluídas no esquecemento e a desigualdade e o garaxe máis físico como lugar de traballo do persoal feminino da fábrica. Dentro deste primeiro espazo temos as historias individuais, os problemas da falta de representación nos protocolos de seguridade dos vehículos ou a problemática coa publicidade de protagonismo feminino. No segundo, o máis sensible, temos o acoso que sofren as traballadoras ó entrar nun espazo onde son discriminadas polos seus compañeiros e xefes, cun ton eminentemente satírico coa lectura das “normas para tratar a unha compañeira de traballo” ou as conversas da muller co vehículo que, evidentemente, é un interlocutor con trazos canonicamente masculinos pese a ser unha máquina.

 

O espazo escénico limítase a un espazo baleiro cun vehículo que se move durante toda a obra a vontade das mulleres que o desprazan en peso. Respecto dos efectos sonoros, esta peza pretende integrar un compoñente de visceralidade e esquizofrenia nos actos máis performativos. Case toda a “banda sonora” componse de música electrónica ideal para os comportamentos impulsivos, a danza máis mecánica e o frenetismo das accións. Os xogos de luces, algunhas veces case epilépticos, tamén condimentan perfectamente esta atmosfera.

 

Mención especial merece a escolla dun elenco real con traballadoras da fábrica e que pese a non ter formación teatral, polo menos en aparencia, conseguen facer da súa naturalidade a ferramenta máis útil para comunicar en escena. O texto non se cuspe, nace do propio discurso individual das actrices e cóntase de forma distinta en cada show. Para pechar o espectáculo intervén unha parella de mozos, que se realizan un cuestionario no que comparten a súa visión da realidade respecto da desigualdade de xénero.

 

En resumo, Garage non é un espectáculo fácil de definir pola complexidade que supón a mestura de elementos. Quizais tamén é mellor así. O que si queda claro é que achega unha visión reivindicativa do papel da muller no traballo e na vida social, que recrimina os comportamentos machistas dende a sátira e que supón un forte golpe na mesa na loita pola igualdade.

 

 

(Este artigo publicouse na revista cultural Balea Cultural o 10 de xuño de 2020)

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Please reload

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Nombrar es reconocer que existe,

gracias y a pesar de mí.

Cuando tras mi frente genero una sílaba, 

defino, 

coloreo y cincelo, 

tal como suena tras el abdomen. 

Junto los labios para tallarlo, llenando la entrada. 

Ahogar su grito, ese dolor tras las costillas.

 

Mencionar es la primera maniobra. 

Para ello, cubriré todas las articulaciones. 

Los otros asentirán abriendo las comisuras. 

Flotará el polvo, semilla hundida. 

Maria González, en El hambre (Maclein y Parker, 2020)  (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com