Recensión: Pere Tobaruela, En branco e negro

20/06/2020

 

Título: En branco e negro

Autor: Pere Tobaruela

Editorial: Baía Edicións

ISBN: 9788499952741

Nº de páxinas: 104 páxs

Sinopse: 

 

Sara Martí, a protagonista de En branco e negro, é unha xornalista que se nega a aceptar a realidade tal como é. Así o manifesta nos seus artigos de opinión en Coses Nostres. A través de vivencias propias e alleas, Sara vai tecendo unha historia salpicada de recordos amargos: o exterminio nazi, unha violación, a guerra dos Balcáns, o asasinato dun ser querido, as represalias do réxime ditatorial na Guinea Ecuatorial despois da súa independencia, o desacougo dun amor frustrado…

 

Mais non todo é negro na vida de Sara, pois, como di un dos personaxes, recordando as palabras de Ernesto Sábato: “O mundo está cheo de horrores, de traizóns, de envexas; desamparos, tortura e xenocidios. Pero tamén de paxaros que levantan o meu ánimo cando escoito os seus cantos, na alborada; ou cando a miña vella gata adormece sobre os meus xeonllos; ou cando vexo a cor das flores, ás veces tan minúsculas que hai que observalas desde ben cerca”.

Achegueime a este libro de Pere Tobaruela polo interesante da trama que se propón na súa sinopse e pola aposta por unha combinación de xéneros narrativos e de diversos episodios traumáticos da historia da humanidade. Coido que o resultado final é unha obra bastante difícil de definir que varía moitísimo dende o comezo ata ó final. Mais non por iso é unha mala lectura.

 

En branco e negro non é unha novela, no sentido da definición máis clásica, senón unha serie de elementos misturados nunha trama onde, inicialmente, todo parece que se centra na figura de Sara Martí, mais co paso das páxinas vemos que ela so é un fío conductor das historias dos outros personaxes. Sara publica no xornal varios artigos relacionados coas entrevistas que realiza a algúns deles ou con ideas que ten en mente en relación con esas conversas. Desta forma coñecemos diversas historias que teñen máis que ver co afán dunha reivindicación do xornalismo que cunha intención de crear unha novela coral.

 

A parte máis negativa do texto é a introdución dunha serie de relacións que non son para nada necesarias nin cribles, pois non aportan nada á historia nin a vida dos personaxes. Poderían estar aí ou non estar, o resultado da historia sería o mesmo. Nun texto tan breve ese tipo de episodios deberían, na miña opinión, ter relativa importancia.

 

Sen embargo, gustoume moito o traballo que hai con respecto a trama en Guinea Ecuatorial despois da independencia. Coido que é o elemento central da novela e o que aporta máis interese ó libro, polo que agradezo o agarimo que hai na reconstrución de feitos, documentación sobre os mesmos e traballo nos diálogos. É a parte máis intensa desta breve novela e coa que máis gocei.

 

O propio autor acaba a obra dunha maneira tan peculiar como o resultado do propio texto en sí, mais coido que iso non fai deste unha mala obra senón un texto especial que seguro que interesará a moitos lectores.

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Please reload

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Nombrar es reconocer que existe,

gracias y a pesar de mí.

Cuando tras mi frente genero una sílaba, 

defino, 

coloreo y cincelo, 

tal como suena tras el abdomen. 

Junto los labios para tallarlo, llenando la entrada. 

Ahogar su grito, ese dolor tras las costillas.

 

Mencionar es la primera maniobra. 

Para ello, cubriré todas las articulaciones. 

Los otros asentirán abriendo las comisuras. 

Flotará el polvo, semilla hundida. 

Maria González, en El hambre (Maclein y Parker, 2020)  (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com