Recensión: Iria Collazo López, Como unha áncora

03/09/2020

 

Título: Como unha áncora

Autora: Iria Collazo López

Editorial: Galaxia

Colección: Costa Oeste

ISBN: 9788498656114

Nº de páxinas: 128 páxs

Sinopse:

 

É moito máis que unha historia mariñeira arredor dun naufaxio. Sobre todo, é unha novela de amor. Esa clase de amor que viaxa máis aló das fronteiras, da lóxica e do que coidamos normal. Unha espectacular novela de debut dunha autora que está chamada a protagonizar grandes páxinas na literatura galega. Neste libro atoparás momentos inesquecibles onde se manifestan o misterio e o inexplicable, mais tamén a vida con toda a súa forza, tanta, que vai por enriba da morte. Empezarás a ler e xa non vas poder parar. Prepárate para naufragar dentro dunha páxinas cheas de feitizo…

Non hai dúbida de que se o mar falase podería contar todas e cada unha das historias que acontecen no noso país. De momento non é posible, así que Iria Collazo en Como unha áncora conta unha desas moitas historias que o mar agocha.

 

Esta non é basicamente unha historia de amor entre dúas almas afíns, senón tamén una historia de amor a propia terra. De feito, é un mollo de historias ben fiadas que da como resultado unha gran historia. A autora mediante un narrador en terceira persoa debulla perfectamente o ambiente dunha vila costeira durante a posguerra, introduce intrigas e misterios, e fai unha homenaxe fermosa tanto ós mariñeiros que perdéronse no mar coma ós republicanos.

 

- O que non foi lenda foi desgraza dos que tiveron que agocharse nas furnas, nas covas e nos montes, fuxindo dos que xa sabemos. Iso si que non ten nome. Moitos non volveron, coma os nosos, María. Polo menos, aos nosos levóunolos o mar. Aos outros levounos a mesquindade que levamos todos dentro. E que habita en cada un de nós.

 

O título do texto non pode ser máis acaído non so polo espazo escollido e as evidentes vinculacións co mar, senón que evócase á necesidade de atopar ese apoio imprescindible que aporta estabilidade a propia vida. Manuel e María atópanse no tempo nun xogo perfecto de presencia-ausencia, onde ela compórtase como unha áncora chantada no "terreo" da propia esperanza. Sen dúbida, o debut de Iria Collazo como autora non puido ser mellor. 

 

O camiño de volta é moitísimo máis difícil. Non é sinxelo volver á superficie e, se non tes a forza suficiente, o teu corpo pode quedar atascado nese oco. E o que é peor: a túa mente quedaría perdida para sempre, sen consolo e sen rumbo. Non atoparías unha áncora onde amarrala. 

 

 

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Please reload

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Nombrar es reconocer que existe,

gracias y a pesar de mí.

Cuando tras mi frente genero una sílaba, 

defino, 

coloreo y cincelo, 

tal como suena tras el abdomen. 

Junto los labios para tallarlo, llenando la entrada. 

Ahogar su grito, ese dolor tras las costillas.

 

Mencionar es la primera maniobra. 

Para ello, cubriré todas las articulaciones. 

Los otros asentirán abriendo las comisuras. 

Flotará el polvo, semilla hundida. 

Maria González, en El hambre (Maclein y Parker, 2020)  (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com