Recensión: Iria Collazo López, Como unha áncora



Título: Como unha áncora

Autora: Iria Collazo López

Editorial: Galaxia

Colección: Costa Oeste

ISBN: 9788498656114

Nº de páxinas: 128 páxs



Sinopse:


É moito máis que unha historia mariñeira arredor dun naufaxio. Sobre todo, é unha novela de amor. Esa clase de amor que viaxa máis aló das fronteiras, da lóxica e do que coidamos normal. Unha espectacular novela de debut dunha autora que está chamada a protagonizar grandes páxinas na literatura galega. Neste libro atoparás momentos inesquecibles onde se manifestan o misterio e o inexplicable, mais tamén a vida con toda a súa forza, tanta, que vai por enriba da morte. Empezarás a ler e xa non vas poder parar. Prepárate para naufragar dentro dunha páxinas cheas de feitizo…

Non hai dúbida de que se o mar falase podería contar todas e cada unha das historias que acontecen no noso país. De momento non é posible, así que Iria Collazo en Como unha áncora conta unha desas moitas historias que o mar agocha.


Esta non é basicamente unha historia de amor entre dúas almas afíns, senón tamén una historia de amor a propia terra. De feito, é un mollo de historias ben fiadas que da como resultado unha gran historia. A autora mediante un narrador en terceira persoa debulla perfectamente o ambiente dunha vila costeira durante a posguerra, introduce intrigas e misterios, e fai unha homenaxe fermosa tanto ós mariñeiros que perdéronse no mar coma ós republicanos.


- O que non foi lenda foi desgraza dos que tiveron que agocharse nas furnas, nas covas e nos montes, fuxindo dos que xa sabemos. Iso si que non ten nome. Moitos non volveron, coma os nosos, María. Polo menos, aos nosos levóunolos o mar. Aos outros levounos a mesquindade que levamos todos dentro. E que habita en cada un de nós.


O título do texto non pode ser máis acaído non so polo espazo escollido e as evidentes vinculacións co mar, senón que evócase á necesidade de atopar ese apoio imprescindible que aporta estabilidade a propia vida. Manuel e María atópanse no tempo nun xogo perfecto de presencia-ausencia, onde ela compórtase como unha áncora chantada no "terreo" da propia esperanza. Sen dúbida, o debut de Iria Collazo como autora non puido ser mellor.

O camiño de volta é moitísimo máis difícil. Non é sinxelo volver á superficie e, se non tes a forza suficiente, o teu corpo pode quedar atascado nese oco. E o que é peor: a túa mente quedaría perdida para sempre, sen consolo e sen rumbo. Non atoparías unha áncora onde amarrala.

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

 

 

 

creme

 

se desafío esta fame

é porque vivo con ela.

Regina Touceda, en deriva 

(Espiral Maior, 2020)  (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com