Segundo Anfiteatro: O mel non caduca, de Ibuprofeno Teatro (A Coruña, 18/09/2020)

27/09/2020

O pasado venres 18 de Setembro tiven a oportunidade de asistir novamente ó teatro. Dende o comezo da pandemia non acudira a ningunha representación teatral e adiquei os meus esforzos a falar de teatro dende a casa, como aquel que fala daqueles tempos, dos tempos mozos, dende a vellez. Unha das compañías das que falei en "Teatro na casa" foi de Ibuprofeno e da peza Raclette, alfaia imprescindible en calquera lista da literatura dramática galega contemporánea. Peza que é parte dunha especie de "ciclo gastronómico" da compañía do que tamén forman parte: Casa O´Rei ou O mel non caduca. Este último espectáculo foi a miña elección para falar de teatro de novo no meu blogue. 
 

 

O mel non caduca é unha obra distinta das súas predecesoras. Se Raclette ou Casa O´Rei son relativamente clásicas en relación a súa narratividade, O mel non caduca é moito máis innovadora a nivel textual, escénico e lírico. É unha peza de moito lirismo e que reflexiona sobre temas moi diversos: o ecoloxismo, a morte, o concepto de pertenza, de fogar, os conflitos familiares ou o consumismo que xorde do capitalismo voraz.

 

O corpo e o movemento tamén exercen unha función relevante en momentos concretos da peza en combinación con unha escenografía aparentemente sinxela mais que xera unha morea de espazos escénicos "biodegradables" que aportan moitísimo á narratividade da peza. Elementos todos eles que se combinan harmonicamente e enriquecen un produto final que deixa un bo sabor de boca no público.

Con respecto ó texto, Santiago Cortegoso construíu unha peza baseada na dualidade no que se combinan dúas personaxes, dúas accións, dúas temporalidades e dúas posicións ben distintas sobre a relación co fogar e as raíces. Considero que o texto ten algunhas partes que poderían estenderse e outras acurtarse mais está moi ben estruturado e a mensaxe é clara e contundente. Un texto que non é tan orixinal a nivel formal como outros do autor, mais tamén a destacar dentro da súa produción textual.

 

Se falamos do elenco non descubrirei nada novo, tanto Avelino González como Marián Bañobre interpretan a perfección ós seus personaxes. Aínda que é certo que destaca moitísimo máis a personaxe de Marián Bañobre por ser a máis complexa da obra, xa que a maior parte das reflexións e da complexidade dramática do texto cae nela, considero que Avelino González cumpre con nota no seu papel.

 

O mel non caduca é unha obra que ofrece algo moi distinto dentro do histórico das obras de Ibuprofeno. Hai nela unha reflexión importantísima sobre a sustentabilidade, a obsolescencia programada e o consumismo que combina moi ben cunha reflexión sobre os lazos familiares e co sentimento de pertenza, case en termos biolóxicos, á terra na que se nace.

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Please reload

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

 

 

 

creme

 

se desafío esta fame

é porque vivo con ela.

Regina Touceda, en deriva 

(Espiral Maior, 2020)  (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com