Recensión: Teresa Moure, Sopas New Campbell

09/10/2020

 

Título: Sopas New Campbell

Autora: Teresa Moure

Editorial: Cuarto de inverno

ISBN: 9788412160413

Nº de páxinas: 140 páxs

Sinopse

 

Nádia transporta armários numa carreta. Habitualmente vai disfarçada e espera à noite para se ocultar entre as sombras. No entanto, seria difícil que não tivessem reparado nela porque o rebuliço da atividade que lhe tocou em sorte dá nas vistas num mundo uniforme como este que habitamos. Não escolheu carregar com armários, é claro; mas não consegue separar-se deles. Ao final, tudo vai parar ao armário; é sempre útil ter um a mão.

Teresa Moure é, indubidablemente, unha das representantes máis relevantes da literatura contemporánea en galego. A autora de novelas como Herba Moura (Xerais, 2003) ou A intervención (Xerais, 2010) vén de publicar Sopas New Campbell coa editora Cuarto de Inverno, unha obra moi suxestiva, sorprendente dentro da liña editorial desta nova editora e dunha calidade narrativa e literaria salientable.

 

Cando comecei a lectura desta historia sorprendeume moitísimo o aparente argumento da mesma. Teoricamente temos a unha muller que transporta diariamente armarios nunha carreta nos que, por motivos non moi claros, xorden elefantes no seu interior. Un inicio que fai que o lector teña a impresión de que mercou unha novela fantástica ou que está ante unha obra abstracta ou metaliteraria. Curiosamente Sopas New Campbell contén elementos de todo isto e moito máis.

 

Sen propoñer un símil moi orixinal, gústame dicir que esta novela é como un guiso ou un caldo literario cociñado a temperatura baixa e cunha morea de ingredientes. Unha novela que é esquizofrénica, que estrañase a si mesma cando o necesita e que, non obstante, é cristalina de cara ó seu final. Sorprenden especialmente as reflexións que hai na obra sobre as relacións interpersoais, a enfermidade mental, a sociedade e a posición da muller na mesma. Unha obra que é complexa sen resultar densa, e que aderezada con moito humor convértese nunha obra suxestiva e divertida.

 

Se me sinto especialmente taciturna, meto-me no armário e assobio. Rapidamente, um elefantezinho vem a correr. Quase nunca me lambre as mãos, mas isso não significa que não seja carinhoso. Com frequência, dobra os joelhos, uma operação custosa, para eu poder montar no seu dorso. Lá em cima escovo-o cuidadosamente. Esqueço a falta de oxigénio, esqueço o fedor do animal e concentro-me nesses pelos agrestes durante horas. Segredo nas suas imensas orelhas monólogos onde consigo por fim libertar-me do terror que os humanos me produzem. Entro num namorico desesperado e melancólico: sempre, o melhor momento do amor é o de dizer adeus; aí onde o pasado se entrelaça com o futuro.

 

En resumo, Teresa Moure escribiu un cóctel literario con moitos dos elementos que fan dunha novela un traballo inesquecible. Impresionante a súa capacidade de escribir unha historia con tantos niveis de profundidade no argumento, cun estilo tan propio e que aprópiase dunha gran diversidade de elementos de varios xéneros literarios. Parabéns a Cuarto de inverno pola aposta por unha novela tan especial e que forma parte dun catálogo que, ata o momento, constitúese so por obras de moitísima calidade. 

 

Nas últimas horas da tarde, quando o sol está a declinar, a melancolia invade tudo. Porém, detesto a melancolia, como todas as variantes da tristeza romântica. Embora a cultura da saudade tenha distinguido a minha tribo no mundo e inspirado imensas obras artísticas, eu nasci para a açao, para a coragem, nao para a vida contemplativa.

 

 

 

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Please reload

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

 

 

 

creme

 

se desafío esta fame

é porque vivo con ela.

Regina Touceda, en deriva 

(Espiral Maior, 2020)  (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com