Diego Estebo: "Lera A esmorga no instituto e impresionárame moito"


Diego Estebo (Barcelona, 1982). Formouse como deseñador e ilustrador en Vigo e na Coruña. Interesado en explorar as interseccións entre as distintas disciplinas, combina ambas as facetas durante anos en que traballa como freelance, así como en estudios e axencias. No ano 2016 comeza o proxecto Códigos (asinado como Tebo), que o leva a desenvolver e expoñer a súa obra na India, Bolivia, A Arxentina e Italia, lugares onde busca sintetizar unha linguaxe gráfica e persoal cos trazos de identidade locais. As súas colaboracións como ilustrador espállanse por distintas revistas e editoriais, das que Luzes, Principia, Xordica e Galaxia son as máis recentes.


Texto: EditorialGalaxia

Fotografías e ilustracións: Diego Estebo©



- Comencemos cunha idea potente. Qué é para vostede a ilustración?


Buf, é una pregunta que da para moito debate, pero en plan resumido eu diría que a ilustración é una imaxe levada a cabo mediante calquer tipo de técnica que serve para acompañar ou complementar outra cousa, dende un texto periodístico ou literario a música, pasando por cartelería ou calquer producto, como por exemplo una caixa de cereais.

Entendo que a ilustración ten que funcionar en relación con outra disciplina, sexa a que sexa, porque se trata diso, de ilustrar, literalmente, ten que cumplir una función.

Esta é una resposta máis ben pouco arriscada, pero como digo, o tema da para moito e non tería problema en cambiar a miña percepción se alguén me convence, pasando de sentar cátedra.


- Cales son os ilustradores máis interesantes do panorama galego e do internacional na súa opinión?


Estamos nun momento excelente na profesión no que a talento se refire. Aí van algúns nomes do panorama galego: Alberto Vázquez, Iria Fafián, Berto Fojo, José Domingo… Fora de Galicia: Jesús Cisneros, Martín Tognola, Sonia Pulido, Cristina Daura, Mar Hernández (Malota), Riki Blanco, Genie Espinosa, Nuria Tamarit… E de máis afora: Sam Weber, Max Löffler, Jeffrey Alan Love, Alva Skog…

E seguro que cando lea isto decatareime de que non dixen outros tantos, nos últimos anos incrementou moito o grado de profesionalización, hai un nivel altísimo e a través de internet tod@s temos acceso ó traballo de infinidade de profesionais. Agora só fai falla que se melloren as nosas condicións, esas non están a un nivel tan alto.


- Cómo definiría o seu proceso creativo como ilustrador?


Normalmente está dividido fundamentalmente en tres etapas: comezo coa documentación, esta parte é moi importante e dependendo do proxecto pode ser máis ou menos extensa, pero sempre ten que estar. Ademáis, non só é necesario se non que é entretido, é un xeito de aprender sobre temas moi distintos, lugares, contextos históricos etc. Durante a documentación tomo anotacións que despóis, na fase de bosquexos, comezan a tomar forma.



Seguramente esta segunda etapa sexa a máis importante e difícil de todo o proceso: a de averiguar que concepto queremos plasmar a como imos a facelo. Para terminar queda a execución, que é a máis divertida, xa que sa sei o que teño que facer ,xa non teño que romper a cachola, só botarlle horas no taller facendo o quem áis me gusta facer. En canto a esta etapa, as miñas ilustracións parten do collage analóxico para ser rematadas no ordenador con retoques dixitais, a proporción de traballo “a man” e de ordenador varía en cada caso.



- Como xorde a posibilidade de ilustrar A Esmorga?


Como tantas veces, da necesidade, jajaja. Non tiña ningún encargo, as editoriais non estaban a respostar ós meus mails, así que comecei a darlle voltas a posibles proxectos. Buscaba algo que cadrase co meu estilo, que tivese interese comercial e que por algún motivo fora especialmente axeitado publicalo en 2020.

E non sei como lembreime de A esmorga, que o lera no instituto e impresionárame moito. Busquei a data de publicación e resulta que a primeira edición en Galicia fora en 1970, 50 aniversario, perfecto. Quen edita? Galaxia, xenial, coñezo a unha deseñadora que traballa na editorial. Púxenme en contacto e o cabo dun par semanas tiven unha reunion co director, Francisco Castro. Amoseille algúns bosquexos e rápidamente dixo que perfecto, que íamos para adiante. E teño que dicir que deume liberdade absoluta, o cal é de agradecer e moito.

Foi unha desas veces nas que tódolos elementos tanto a nivel creative como de producción cadran perfectamente.


- Cal foi a complexidade maior de ilustrar este texto?


Supoño que a primeira foi tratar de esquecer o abafador que é pensar que vas a ilustrar unha das novelas máis importantes da literatura galega, algo que sinto como una responsabilidade moi grande, por suposto. En canto ó traballo co texto en si, a verdade é que sentinme moi cómodo coa obra de Eduardo Blanco Amor, é una historia que da pe a interpretar de distintas formas e non traducir ó gráfico literalmente a narración, algo que me interesa particularmente.

A outra dificultade foi chegar a tempo para imprenta, dinme un tute tremendo, xornadas infinitas, cando entreguei tódolos arquivos lembro que tiña a espalda dura coma unha pedra… cousas do oficio!


- Como valora o resultado deste proxecto?


Estou feliz con como quedou o libro, penso que é unha edición moi traballada, non só pola mina parte se non polo equipo de Galaxia. Estou seguro de que moita xente, de feito xa sei de máis dun, anímarase a facerse con el aínda que xa teña unha edición anterior, penso que esta dalle un novo pulo a este icono da cultura galega.

Dame mágoa que entre que Eduardo Blanco Amor xa non está entre nos e a situación actual de pandemia todo o tema da promoción quedou a medio gas.


- Podería recomendar algún título para esta época de inestabilidade que vivimos?


Algo divertido para desconectar un pouco, calquera de Kurt Vonnegut, Matadero 5 penso que é infalible, pode estar a narrar algo terrible, que non podes deixar de escachar coa risa.


- Para rematar. Ten algún proxecto en marcha ou finalizado do que poida adiantarnos algo?


Do que teño en marcha polo de agora non podo falar, pero xa podo contar que en breve Galaxia publicará a versión ilustrada por min de Que me queres, amor? de Manuel Rivas, é un dos seus primeiros libros e recopilar algúns relatos tan coñecidos como A lingua das volvoretas, disfrutei moito do proxecto e teño moitas ganas de comezar a amosalo.


Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

 

 

 

creme

 

se desafío esta fame

é porque vivo con ela.

Regina Touceda, en deriva 

(Espiral Maior, 2020)  (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com