Recensión: Alba Cid, Atlas


Título: Atlas

Autora: Alba Cid

Editorial: Galaxia

ISBN: 9788491514121

Nº de páxinas: 80 páxs





Sinopse:


Velaquí este poemario de Alba Cid, unha poeta chamada a ocupar un lugar de seu na poesía galega próxima. Recoñecida dende moi nova en moitos certames poéticos, publica agora Atlas, un texto singular en que a palabra e a imaxe viaxan da man canda a ollada asombrada da poeta. Etimoloxías, historias naturais, prácticas culturais diversas… Os poemas e as fotografías fan calas nos cinco continentes e desprázanse adiante e atrás na historia á procura de encrucilladas luminosas. Unha nova cartografía. Un novo planeta.

Con esta obra Alba Cid gaña o "Premio Nacional de Poesía Xove Miguel Hernández 2020"


Sorprendente e verdadeiramente intensa esta primeira proposta de Alba Cid e que fai pouco recibiu o Premio Nacional de Poesía Xove Miguel Hernández 2020. Unha cartografía non só poética e literaria, senón tamén social, filosófica e filolóxica onde da man da autora visitamos os distintos continentes guiados por versos ás veces enigmáticos mais profundamente lúcidos.


«pequena occidental

confías na historia das palabras

porque nunca puideches confiar na dos homes»



«o tempo dispón os corpos


cando aprenderemos que todas as cousas se desprazan?

as dunas e as algas, a adoración entre iguais,

os continentes en cada journey-work of the stars.


fóra do noso campo visual

- en completo silencio-

fúndanse illas coníferas.»


Falo de enigma polas preguntas que o lector se fai durante a lectura debido a cantidade de referentes, e referencias, que hai no texto, buscando neles o primixenio, a seguridade que aporta o coñecemento dunha base. A miña sensación durante a súa lectura foi a de viaxar en barco polos sete mares, gozando das pausas, da consulta interna e externa dos materiais que o libro presenta, coñecendo un novo planeta da man duns versos verdadeiramente poderosos e inesquecibles.


Este Atlas é un texto singular e cheo de interaccións, unha viaxe duradeira e inacabable que repara no pasado, no presente e no futuro e que retroaliméntase continuamente debullando unha atmosfera que estimula o lector e que é resultado dunha maneira de ver e comprender o mundo. Convídovos a ler este libro de libros, de visións, de sentimentos e de historia(s), construído cunha poética moi persoal e extremadamente intelixente, do que seguro gozaredes intensamente.


«pero o tempo é un palíndromo, corpo de xunco de pantano,

e cando o entendemos, só queda derramar a linguaxe e describir

a maneira vagarosa en que alguén abrazaba

sen saber

que o xesto era xa un sacrificio,

e que só conseguimos abrazar así


a few times before we die.»


Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

«pequena occidental,

confías na historia das palabras

porque nunca puideches confiar na dos homes»

    Alba Cid, Atlas (Galaxia, 2020). (Fragmento)

Premio Nacional de Poesía Xove Miguel Hernández 2020