Recensión: Aloysius e Simón Blanco, Carriandola. As abraiantes aventuras de Mariña


Título: Carriandola. As abraiantes aventuras de Mariña

Autores: Aloysius e Simón Blanco

Editorial: Aira

ISBN: 9788412132410

Nº de páxinas: 96 páxs








Sinopse:


Estamos no ano 2020. Mais non no noso 2020. Nesta realidade alternativa, o mundo leva na escuridade 12 anos. Logo do grande apagón, a electricidade desapareceu, talvez para sempre. Galicia vive tempos convulsos, de medo, tebras e fanatismo. Mais algo está a piques de mudar nun recanto da Vía da Prata que se dirixe a Santiago. Mariña, unha nena especial, vivirá unha inesperada aventura na procura da luz. Acompáñanos nesta alucinante viaxe.

A publicación de BD en galego sempre é un motivo de felicidade e de interese como lector deste tipo de obras. No sistema literario galego non sempre existiu un apoio incondicional a este tipo de produtos literarios, tampouco a tradución de BD, polo que non é moi sinxelo consumir cómic galego sen dirixirse as editoras especializadas neste produto. Neste 2020 tan caótico e tráxico, polo menos asistimos ós primeiros movementos das editoras máis importantes do país para publicar este tipo de libros. Coido que Carriandola. As abraiantes aventuras de Mariña é un bo exemplo do talento que hai en Galicia para a BD.


Esta historia de aventuras, publicada simultaneamente en galego, inglés e castelán, é tan divertida como curiosa. É unha historia que parte de referentes coñecidos e sen nada de especial (o camiño de Santiago pola vía da plata, unha nena alérxica e un apagón eléctrico) pero que sen embargo teñen moito que comentar pola súa interpretación: unha nena alérxica ás mentiras, un apagón eléctrico que xa dura unha década e un camiño de Santiago reinterpretado ó puro estilo The last of us ou Mad Max. Todo isto sen renunciar á fantasía e o humor.



A lectura deste libro é como entrar nun parque de atraccións. Moitas veces a acción avanza a moita velocidade e sen grandes pausas e noutras ocasións pode resultar mesmo confusa pola cantidade de feitos e accións que se contan en pouco tempo. Ese xogo cos tempos da historia e a introdución de distintos tipos de humor e sátira na mesma fan das experiencias de Mariña unha historia aditiva e moi divertida. Sen dúbida, unha boca escolla para gozar da súa lectura en familia durante estas festas.



Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

foto 3: atitude


 

a postura com que o cego

se aproxima à paisagem

a postura com que a surda

se achega à música

a postura com que a parapléxica

enfrenta a fugida.

Charo Lopes, Álbum (Aira, 2020)  

PREMIO CIDADE DE OURENSE DE POESÍA 2019

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com