Recensión: Arto Paasilinna, O ano da lebre


Título: O ano da lebre

Título orixinal: Jäniksen vuosi

Autor: Arto Paasilinna

Tradutores: Tuula Ahora e Tomás González Ahola

Editorial: Rinoceronte

ISBN: 9788417388065

Nº de páxinas: 194 páxs


Sinopse:


Ás veces os feitos máis insignificantes e casuais son os que, sen intuílo, transforman as nosas vidas por completo. Ás veces mesmo son quen de nos sacar dunha existencia cómoda aínda que aburrida para nos levar a vivir unha aventura.

Iso foi o que lle aconteceu a Kaarlo Vatanen unha tardiña de San Xoán, cando accidentalmente atropelou aquela cría de lebre. Desde ese preciso intre, como a bolboreta que bate as ás e provoca unha tempestade no outro lado do mundo, o seu perfil de xornalista de relativo éxito atrapado nun matrimonio sen amor esfarelouse, e emprendeu unha viaxe sen igual pola xeografía de Finlandia até chegar ao mesmo Mar Branco.

Nesta novela-debut de 1975, Arto Paasilinna presenta o ideario que subxace á meirande parte da súa obra: o individuo libre fronte á sociedade abafante, a relación do ser humano coa natureza, e a procura do eu a través dunha viaxe iniciática ás marxes do mundo, todo isto debullado cunha linguaxe rápida, un carrusel de personaxes caricaturescos e moi altas doses de humor.

Hai moito tempo que tiña gana de ler a Arto Paasilinna, un autor finés do que escoitei moito e moi diverso. Atopei polos camiños da literatura moitos lectores que non comprendían os seus títulos e a moitos outros que situaban a súa obra no canón dos autores contemporáneos que é imprescindible coñecer. Como nesta vida é necesario sempre tomar posición ante os feitos, decidín comezar a ler este autor pola súa novela-debut, O ano da lebre, para moitos a súa mellor novela.


Esta obra é, na miña humilde opinión, unha novela que revela un ideario claro dende as primeiras páxinas. Debido a outras lecturas e a miña estancia en Alemaña, estou vinculado coa relación dos habitantes do norte de Europa coa natureza. A natureza é máis que o medio no que vivimos e que destruímos constantemente, é tamén a saída dunha sociedade contaminada polos desexos individualistas dos homes, os procesos produtivos e o capitalismo voraz. Tendo en conta isto non é casual que activistas medioambientais, como por exemplo Greta Thunberg, non nacesen en Italia ou na China. Esta novela é, sen dúbida, unha historia onde o peso da relación do ser humano coa natureza é tal, que precisa dunha lectura afinada por parte do lector común.


Vatanen nesta novela non escapa das súas obrigacións coa sociedade por un tipo de trastorno ou por pura tolemia. O noso protagonista toma a decisión obrigado por unha imaxe máis da crueldade do home coa natureza, a derradeira que poderá aturar. É por iso que a situación da lebre é a do personaxe principal son paralelas durante toda a historia, ambos comparten estado de saúde, sexa física ou mental, e ambos relaciónanse coa natureza dunha maneira semellante. Precisamente por iso, opino que dalgunha forma a lebre é un desdobramento real e simbólico de Vatanen nesta historia.


Aínda que sorprendeume moi gratamente o final desta historia, coido que o que máis gocei da obra é o humor co que Paasalinna describe cada un dos feitos da historia. Esta é unha novela coa que se ri moitísimo e que se desfruta enormemente nesta época do ano polas descricións de enorme beleza das paisaxes nórdicas. Persoalmente creo que tamén esta obra constitúe un convite á procura do noso propio eu e a valorar todo aquilo que temos ó noso redor e o seu valor real. Especialmente para nós, galegos, que temos a sorte de vivir nunha terra repleta de paraísos naturais.


Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

foto 3: atitude


 

a postura com que o cego

se aproxima à paisagem

a postura com que a surda

se achega à música

a postura com que a parapléxica

enfrenta a fugida.

Charo Lopes, Álbum (Aira, 2020)  

PREMIO CIDADE DE OURENSE DE POESÍA 2019

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com