Recensión: Daniel Asorey, Negras


Título: Negras

Autor: Daniel Asorey

Editorial: Xerais

ISBN: 9788411100519

Nº de páxinas: 80 páxs

 



Sinopse:


A morte é un proxecto político, asegura a cita de Lupe Gómez que abre as páxinas de «Negras». Nestes versos penetrantes escóitase como disparan ás negras detrás dos supermercados e como prenden lume á lingua que avivece a gheada. A cor escura das vítimas hase enfrontar á violencia que o capital exerce sobre elas, pobres, perdedoras, cheirentas, miserables. Son, todas, negras. Negras no agravio; negras na pel; negras na indefensión; negras na lingua; negras na rabia; negras desde o río Ulla ata Ohio ou o Lago Erie. Se cadra, a forza da súa rebelión, como a enorme forza da poética deste poemario de Daniel Asorey, está na herdanza silenciosa da lingua escura dos grillóns.

 

A obra literaria de Daniel Asorey, tanto narrativa como lírica, defínese ata o momento polo seu afán crítico coa realidade, pola dureza dos seus textos, e, por riba de todo, polas súas continúas mostra de insubordinación ante as violencias dende a literatura. Polo tanto, na súa última publicación Negras (Xerais, 2022), non poderíamos agardar outra cousa do autor.


Nas rúas, a miña cor é unha bandeira,

a pegada dos seus crimes,

o olor do alcol e a mariguana,

a planificada falta de mañá. (...) (páx. 27) A miña estirpe ten

cheiro

e língua.


As marcas que emprega

o cazador

para matarnos. (páx.31)


Igual que no caso de Transmatria (Xerais, 2019) este poemario constitúe un exercicio de denuncia e reivindicación das liberdades, mais neste caso dende un punto de vista belixerante e crítico. Neste libro fálase da violencia no propio linguaxe da mesma, prescindindo de calquera aderezo e primando o mensaxe directo das composicións.


A raza marca os territorios

da pobreza.


Algoritmos para distinguir,

con claridade, as mortas que han de

vir. (páx.41)



Negras divídese en tres partes (A cacería, Lingua negra e De como o río Ulla deu en chegar ao lago Erie). Aspecto que considero moi axeitado porque considero evidente que o libro busca partir dunha realidade moi concreta e recoñecible, para despois reflectir que esa realidade e moito máis política e próxima do que se podería pensar nun primeiro momento. 


Proba disto é que partimos dun concepto de "negras" máis concreto e restritivo no comezo do libro e rematamos por comprender que o termo tamén define a calquera colectivo vítima da tiranía e da opresión. Un feminino plural que alude non só a unha necesaria perspectiva feminista da realidade, senón que aporta un valor total á mensaxe.


Un día has descubrir

que a lingua

ten cor. (páx.50)


A meirande parte das composicións do libro son de curta extensión aínda que podemos atopar algunhas de maior extensión cunha intención máis narrativa e que, en moitas ocasións, serven para ilustrar aqueles eventos que axudan ó autor a presentar as realidades que denuncia nos poemas.


Somos negras

na pel e a lingua

que aturramos. (páx.70)


Negras de Daniel Asorey é un libro crítico, inconformista e rebelde, composto por textos onde o inconformismo do eu poético coa súa realidade plásmase na elección da palabra xusta que, aínda que moitas veces é a máis ferinte, é a nosa arma máis valiosa para lograr a liberdade.

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Se non queres perder ningunha das novas publicacións.

Subscríbete aquí mesmo.

Redes Sociais