Recensión: Domingo Villar, Algúns contos completos


Título: Algúns contos completos

Autor: Domingo Villar

Editorial: Galaxia

ISBN: 9788491516514

Nº de páxinas: 112 páxs







Sinopse:


“Este libro de contos pretende celebrar a vida e a amizade nun encontro, como nas nosas reunións de amigos, entre os meus pequenos relatos e os marabillosos linogravados de Carlos Baonza”

Moitas veces esquecemos que a oralidade é un elemento básico na construción de calquera fábula e historia breve. É por iso que teño para min que as mellores historias escríbenas os mellores oradores. De feito, así acontece con Algúns contos completos de Domingo Villar, unha homenaxe á narrativa de tradición oral na nosa lingua e, ó mesmo tempo, unha obra da que so se pode gozar intensamente se é en compañía.


Nesta obra, o autor presenta dez contos de extensión desigual, mais que teñen en común a súa brevidade e o poder evocativo das súas palabras. En xeral, aínda que non todos chamaron a miña atención, coido que é especialmente salientable o talento do autor para xestionar a información que se nos da tanto nos diálogos como nas descricións. Sería moi sinxelo caer na repetición ou aportar datos innecesarios, mais a contundencia e a claridade na escolla de palabras e expresións permite unha viaxe intensa por uns textos ós que parece que nada lles falta nin lles sobra.


Os linogravados de Carlos Baonza aportan a obra uns fermosos elementos visuais, pero non so se limitan a unha escolla estética senón que tamén son un elemento chave na creación dos mundos que propón o autor. Todos eles son moito máis ricos grazas a estas ilustracións da mesma maneira que moitas historias orais enriquécense dos monicreques ou as sombras chinesas.


Non quero rematar este comentario sen incidir na importancia da oralidade nestes textos. Estes son contos para desfrutar en reunións familiares ou cun grupo de amigos. Historias curtas e intensas coas que rir, sorprenderse e gozar, pero principalmente historias para ler en voz alta e clara.

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

«pequena occidental,

confías na historia das palabras

porque nunca puideches confiar na dos homes»

    Alba Cid, Atlas (Galaxia, 2020). (Fragmento)

Premio Nacional de Poesía Xove Miguel Hernández 2020